_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O plan de mellora do saneamento municipal chegou esta semana ao bombeo de Fontecarmoa

O Concello de Vilagarcía levou a cabo esta semana unha nova actuación tendente a renovar e mellorar a rede de saneamento municipal. Neste caso, os traballos afectaron ao bombeo de Fontecarmoa, que se renovou por completo xa que o existente quedara obsoleto e era insuficiente para tratar o caudal de augas residuais que se xeran nunha zona que nos últimos anos rexistrou un importante crecemento poboacional, tanto na propia Fontecarmoa como na parte colindante de Cornazo onde se construíron novas urbanizacións.
29.03.2018.- Operarios municipais e da firma Excavaciones Diéguez colaboraron nas tarefas que consistiron en desmontar a antiga instalación de bombeo, en facer un pozo novo de maiores dimensións para acoller maquinaria máis potente e en substituír os vellos equipos por outros completamente novos, máis modernos e de maior potencia. Así, instaláronse dúas bombas novas, cambiouse todo o sistema de impulsión e as válvulas de retención e das comportas, á vez que se construíron novas arquetas e as tapas do pozo.

Mellorar a rede de saneamento é unha das principais prioridades en materia medioambietal que ten o equipo de goberno que preside Alberto Varela. Dende o inicio do mandato estanse a executar actuacións que permiten avanzar na posta a punto da rede municipal e ir renovando o servizo baixo criterios de eficiencia enerxética e de adaptación ás necesidades demográficas actuais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -