_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello encarga o proxecto de rehabilitación para recuperar para o uso público o piorno da Xunqueira

O piorno do Parque da Xunqueira será rehabilitado e recuperado para o uso público. Con este obxectivo, goberno local ven de encargar a redacción do proxecto de reforma e rehabilitación baixo as premisas de que as salas principais poidan acoller actividades lúdicas, culturais e formativas e de que no baixo se habiliten aseos públicos para dar servizo aos usuarios do parque e aos asistentes dos concertos que se celebren na Xunqueira.
29.03.2018.-A redacción do proxecto de obra adxudicouse na Xunta Local de Goberno celebrada esta mesma semana ao arquitecto Francisco Javier Vázquez Fernández por importe de 20.933 euros. Ademais da elaboración do proxecto básico e de execución, o contrato inclúe o preceptivo plan de seguridade e a dirección de obra.

O obxectivo da actuación que quere levar a cabo o executivo socialista é recuperar un equipamento municipal de grandes posibilidades pero que dende hai xa moitos anos se atopa practicamente en desuso, posto que só se están a utilizar os baixos como almacén de aperos do servizos municipais de xardíns.

O piorno existía na finca orixinal antes de ser incorporada ao patrimonio público para crear o parque da Xunqueira. A edificación restaurouse por entón e, durante os primeiros anos do parque, funcionou como cafetería a través dunha concesión municipal. Non obstante este uso non tivo éxito e as instalacións pecháronse.

Para poñer fin a esta situación, evitar que o piorno se deteriore pola falta de uso e dada a escasez de espazos públicos axeitados para acoller actividades, o Concello decidiu recuperar o edificio e sacarlle o maior partido para o público. As premisas que deberá seguir o arquitecto á hora de deseñar o proxecto é que na planta baixa, ademais dunha zona de aseos públicos se habilite unha sala multiusos orientada principalmente a acoller obradoiros cursos ou exposicións de pequena entidade. O primeiro andar acondicionaríase como unha aula, tamén polivalente, pero principalmente orientada á actividades infantís.

Unha vez que se dispoña do proxecto técnico e se coñeza o importe do presuposto a investir, o Concello porá en marcha os trámites para sacar a licitación a obra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -