_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A fachada do Concello ilumínase de azul toda a semana para concienciar sobre o autismo

Como ven acontecendo dende hai uns anos, o Concello de Vilagarcía súmase aos actos do Día Mundial da Concienciación do Autismo que se conmemora cada 2 de abril. Coincidindo con esta data, a fachada do consistorio iluminouse onte de azul, cor que simboliza a causa de dar a coñecer este tipo de trastorno e facer visibles de forma inclusiva ás persoas que o padecen. A iluminación conmemorativa manterase toda a semana.
03.04.2018.- O goberno local tamén protagonizou onte un acto simbólico no Concello no marco da campaña conmemorativa do 2 de abril que está a desenvolver a asociación BATA de tratamento do Autismo para reivindicar á sociedade que se rompan as barreiras do autismo para facer unha sociedade accesible.

O pasado mes, o Concello en colaboración con BATA procedeu á sinalización de todas as dependencias e servizos municipais con pictogramas para favorecer o desenvolvemento das persoas que padecen autismo nos centros públicos de titularidade municipal. Colocáronse carteis no edificio principal de Ravella, no Auditorio, Casa de Cultura e pavillóns de deportes, entre outras instalacións públicas.

Ademais, o Concello de Vilagarcía ten subscritos convenios con BATA para favorecer a inserción socio laboral dos seus usuarios a través dunha brigada que realiza prácticas co servizo municipal de Xardíns e do servizo de reparto de cartelería os actos que promove e organiza a administración municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -