_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta estuda a posibilidade de asumir a rehabilitación da ponte de ferro da Vía Verde con fondos europeos

O proxecto para a creación da Vía verde do Salnés entre Vilagarcía, Caldas e Portas, segue o seu curso. Responsables do Concello arousán e de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia celebraron esta mañá unha reunión de traballo para estudar o proxecto e concretar a parte do mesmo que asumirá a administración autonómica, tal como se tiña comprometido. A idea é que a Xunta se encargue da rehabilitación da ponte de ferro sobre o Umia, a sinalización informativa de toda a senda e adquisición do mobiliario.
05.04.2018.- A reunión de hoxe ven precedida pola que hai unas semanas mantiveron os alcaldes dos tres concellos coa directora xeral tras o compromiso de financiamento acadado meses antes coa conselleira de Medio Ambiente. Na reunión celebrada esta mañá en Santiago participaron por parte do Concello a voceira do goberno, Tania García, a concelleira de Mobilidade, Paola María e o enxeñeiro municipal. Por parte da Xunta estiveron a subdirectora xeral de Patrimonio Natural e técnicos do departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente.

A consellería pretende financiar parte da Vía Verde do Salnés a través dunha liña de axudas europeas enmarcadas nos fondos FEDER, de aí a necesidade de buscar a parte do proxecto en concreto que encaixe nos criterios para a concesión das subvencións. Tras a reunión de traballo de hoxe, os técnicos da Xunta quedaron en consultar si os tres puntos comentados cumprirían coas bases da liña FEDER. Unha vez resolto este aspecto, os tres concellos implicados terían que asinar un convenio de colaboración coa Consellería.

O resto do proxecto de creación a Vía Verde do Salnés aproveitando o trazado en desuso da antiga liñaa férrea será financiada pola Deputación de Pontevedra, que aportará unha achega similar á da Xunta, e os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas, que tamén terán que asinar o correspondente convenio co organismo provincial. A partir de aí poderán sacarse a licitación os traballos.

A Vía Verde do Salnés terá una lonxitude de 9,195 quilómetros partindo de Abelle (Rubiáns), pasando por Caldas e rematando na estación de Portas, nas inmediacións da vella azucareira. Ao longo do seu percorrido destacan varios lugares e puntos de interese, como o Pazo de Rubiáns, o antigo apeadeiro de Ande, a ponte metálica sobre o Umia ( que se recuperan con estre proxecto) ou a Azucareira de Portas; ademais do atractivo etnográfico e natural co que conta, con exemplos da arquitectura popular típica do rural galego, os minifundios ou o bosque autóctono. Para gozar destes atractivos o proxecto prevé a creación de 3 áreas de descanso e 2 miradoiros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -