_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello asesorará aos veciños afectados pola regularización catastral promovida polo Estado

A regularización catastral promovida de oficio polo Ministerio de Economía e Facenda en numerosos municipios de España chega a Vilagarcía. A Dirección Xeral do Catastro comunicou ao Concello o inminente inicio do procedemento que persegue incluír no censo os inmobles que non estaban dados de alta ou actualizar as características daqueles que foron modificados ou ampliados. Segundo a inspección previa realizada polo organismo estatal, estímase que no termo municipal podería haber case 3.000 inmobles obxecto de regularización, de aí que o goberno local decidira poñer en marcha un servizo de asesoramento para que os veciños afectados poidan informarse e, de ser o caso, presentar correctamente as alegacións que consideren oportunas.
10.04.2018.- A Xunta Local de Goberno acordou onte contratar a unha firma especializada en materia catastral para desenvolver as funcións de asesoramento. O contrato, por importe de 5.265 euros adxudicouse ao gabinete Cartotec.

Como as notificacións da Dirección Xeral do Catastro deberían empezar a recibirse a partir desta semana e debido o curto prazo de tempo que dan para alegar -15 días a partir de ser notificados- o Concello pon en marcha o servizo o luns, 23 de abril. Dous técnicos especializados serán os encargados de atender aos afectados no Auditorio, tres días á semana. O servizo funcionará os luns en horario de mañá e tarde (de 9 a 14 e de 16 a 20 horas) e os martes e mércores pola mañá (de 9 a 14 horas). Pódese comcertar cita previa chamando ao teléfono 986-099200 ext. 417 en horario de 08 a 15 horas.

A regularización catastral é un procedemento que inicia de oficio o Ministerio de Facenda no que os Concellos non teñen competencia nin poder de decisión. Dado que se trata dunha medida imposta, a única decisión que o Concello pode adoptar ao respecto é poñer en marcha este servizo de atención aos afectados para que poidan resolver as súas dúbidas e contrastar os datos que sobre o inmoble lles remitirá a Dirección Xeral do Catastro, a efectos de que non haxa erros e se axusten á realidade. Coa posta en marcha deste servizo, tamén se evita aos cidadáns afectados a molestia e a demora que suporía que tiveran que desprazarase ás oficinas da Catastro en Pontevedra para facer os trámites e, sobre todo, garántese que poidan exercer o seu dereito de alegar dentro dos 15 días de prazo que fixa o Ministerio.

Inspección previa

Para desenvolver este proceso de regularización catastral, a Dirección Xeral levou a cabo previamente unha inspección a base de visitas sobre o terreo e a utilización de drons para detectar novas construcións que non foron dadas de alta no Catastro como é preceptivo ou outros inmobles cuxas características foron modificadas mediante ampliacións de superficie ou alturas e cuxos cambios tampouco se rexistraron. A regularización tamén inclúe por primeira vez construción que ata o momento estaban exentas de pagar o IBI e que, coa nova normativa estatal, agora terán que facelo.

Xunto coas notificacións que a Dirección do Catastro remitirá estes días, os afectados recibirán a carta de pago da taxa administrativa da regularización, por importe de 60 euros, e a información sobre o novo valor catastral da propiedade unha vez regularizada conforme aos datos resultantes da inspección e sobre os que posteriormente se lles aplicará o IBI, de aí a necesidade de que os interesados contrasten ben esta información para descartar erros que puideran ser lesivos para os seus intereses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -