_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Os afectados pola regularización catastral poden pedir cita previa para ser asesorados polo Concello

O Concello de Vilagarcía pon un servizo de asesoramento técnico a disposición dos veciños afectados polo proceso de regularización catastral promovido polo Ministerio de Economía e Facenda. Dous técnicos especializados informarán aos interesados axudaranlles a contrastar os datos das propiedades afectadas e axudaranlles a preparar as alegacións. As persoas que desexen facer uso deste servizo gratuíto deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 986 099 200 extensión 417, de luns a venres e en horario de 8 a 15 horas.
13.04.2018.- O Concello ven de publicar un bando para informar aos veciños da posta en marcha do servizo de asesoramento que a partir do 23 de abril, funcionará no Auditorio tres días á semana: Será os luns en horario de mañá e tarde (de 9 a 14 e de 16 a 20 horas) e os martes e mércores pola mañá (de 9 a 14 horas). A cita previa pode solicitarse xa a partir deste luns, 16 de abril.

A regularización catastral promovida de oficio polo Ministerio de Economía e Facenda en numerosos municipios de España chega a Vilagarcía. A Dirección Xeral do Catastro comunicou ao Concello o inminente inicio do procedemento que persegue incluír no censo os inmobles que non estaban dados de alta ou actualizar as características daqueles que foron modificados ou ampliados.

Segundo a inspección previa realizada polo organismo estatal, estímase que no termo municipal podería haber case 3.000 inmobles obxecto de regularización, de aí que o goberno local decidira contratar a unha forma especializada en temas catastrais para que os veciños afectados poidan informarse e, de ser o caso, presentar correctamente as alegacións que consideren oportunas. A Dirección Xeral do Catastro da aos afectados un prazo de 15 días, a contar dende o momento en que reciban a notificación, para presentar alegacións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -