_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Marcos Coll e Stefano Ronchi serven o aperitivo ao VilaBlues cun concerto o día 21 no Salón García

Os músicos Estefano Ronchi e Marcos Coll regresan en abril a Vilagarcía para presentar o seu primeiro traballo discográfico en común nun concerto que servirá de aperitivo á próxima edición do certame internacional de blues organizado polo Concello de Vilagarcía no mes de xullo: o VilaBlues. O concerto de Ronchi e Coll terá lugar o día 21 de abril no Salón García e as entradas xa están á venta a través de ticketea ao prezo de 8 euros (máis custes de xestión).
14.04.2018.- Marcos Coll (harmónica) e Stefano Ronchi (guitarra) son dous coñecidos do público vilagarcián posto que ambos teñen participado en anteriores edicións do Vila Blues, aínda que de xeito individual. Neste ocasión preséntanse xuntos para dar a coñecer o disco “Street Preaching” nun formato de concerto acústico que se axusta á perfección ao emblemático Salón García e que segue a estela do recén clausurado ciclo “Achégate ao Salón” tamén programado pola Concellería de Cultura e que foi todo un éxito de público e que contou coas actuacións de La habitación Roja, Christina Rosenvinge e DePedro.

Estilisticamente, “Street Preachin” poderíase definir como country-blues, un estilo antigo e conmovedor que se achega á mellor das tradicións bluseiras mesturándoa con innovacións coma samplers, ritmos africanos e incluso atrevéndose co hiphop. Todo un luxo nun formato reducido onde Stefano e Marcos móstranse virtuosos e cautivan ao público dende o comezo do concerto nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.

“Street Preachin” gravouse e produciuse integramente nos estudos Goovin Tomato de Berlín, onde se coñeceron e comparten escenarios os dous músicos. O traballo componse de 10 cancións entre as que se inclúen composicións propias e algunha versión retorcida de clásicos do blues.

EMBAIXADOR DO VILABLUES E ARMONICISTA INTERNACIONAL

Marcos Coll exerce como director artístico e embaixador do VILABLUES. Comezou a súa carreira musical na Tonky Blues Band tras abandonar Galicia para buscar fortuna en Madrid. Fixo xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones) e Buddy Miles (Batería de Jimi Hendrix ou Santana) e actuou con Tom Jones nunha sala madrileña e coa formación dos REYES DEL K.O xunto con Adrián Costa, compartindo escenario con aútenticas lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds. Na actualidade, afincado en Berlín, continúa facendo xiras por todo o mundo cos Mighty Calacas, e converteuse referente de HOHNER, a marca de harmónicas máis importantes do mundo. Marcos hoxe está considerado un dos mellores harmónicas de Europa, circuíto habitual dos seus directos.

Pola súa banda, Stefano "Slidin 'Wolf" Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano. O seu repertorio musical centrase na música folclórica negra dos anos 20 e 30, dende o delta blues ata piedmont blues. Stefano ven xirando por todo o mundo compartindo escenario con bluesman conemporáneos coma Lurrie Bell e James Wheeler e agora con Marcos Coll ao que coñece en Berlín nas lexendarias Monday Jelly Roll Session do mítico White Trash.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2018  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -