_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello conmemora o día da bicicleta cunha mesa redonda no IES Bouza Brey

O xoves, 19 de abril, conmemórase o Día Mundial da Bicicleta. Con motivo desta data, o Concello de Vilagarcía organiza unha mesa redonda no IES Bouza Brey para abordar o presente e futuro deste medio de desprazamento e a normativa do seu uso nas cidades. Intervirán no acto a concelleira de Mobilidade, un técnico da Dirección Xeral de Tráfico, e un membro da asociación Arousa en Bici. A mesa redonda celebrarase o propio xoves, ás 12 do mediodía, nas dependencias do instituto. Ademais, repartirase material informativo deseñado pola DXT en todos os centros educativos do municipio.
16.04.2018.- O acto a desenvolver no IES Bouza Brey está organizado polo departamento de Educación Viaria da Policía Local no marco do programa educativo que leva a cabo durante todo o ano nos centros de ensino do municipio. A celebración dun acto informativo sobre o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo na cidade foi solicitado polo propio instituto xa que varios dos seus profesores e tamén moitos alumnos utilizan a diario a bicicleta para ir ao centro e nos seus desprazamentos cotiás.

A sesión está orientada a alumnos de 3 e 4 da ESO, aínda que poderá asistir calquera persoa interesada. O obxecto da mesa e expoñer a situación actual da bicicleta como medio de transporte, as súas avantaxas, as normas de circulación que lle afectan e o modelo que se está implantando en Vilagarcía. Por parte da asociación Arousa en Bici intervirá na sesión, Carmen Fariña, que tamén en profesora do centro, fará unha exposición sobre “A bici, vehículo de presente ou de futuro?”. O coordinador de exames da DXT en Pontevedra José Manuel González, disertará sobre “A bici. Por onde circular?” e a concelleira de Mobilidade, Paola María Mochales, centrará a súa exposición na accións que se están a desenvolver en Vilagarcía e as que se porán en marcha no futuro para promover o uso da bicicleta como medio de desprazamento cotiá no marco do modelo de cidade que defende o actual goberno.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -