_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello renova medio quilómetro da rede de abastecemento con obras nas Carolinas e Cornazo

O Concello de Vilagarcía pon en marcha en abril dúas novas actuacións tendentes a mellorar o servizo municipal de abastecemento de auga potable. Trátase dunhas obras de considerable envergadura xa que suporán a renovación de algo máis de medio quilómetro de canalizacións en Cornazo (Rúa Montiño de Paradela e Rúa Pumariño) e As Carolinas (Rúa Blanco Amor). Os traballos teñen como obxectivo acabar coas continuas avarías que se están repetindo en ambas zonas debido á antigüidade da instalación, asi como mellorar a calidade do servizo que reciben os veciños.
17.04.2018.- Os traballos xa comezaron en Cornazo, en concreto pola rúa Montiño de Paradela (perpendicular á Avenida de Cornazo). Os vellos tubos de fibrocemento substituiranse por outros de PVC, de maior resistencia e durabilidade, en toda a lonxitude da rúa, ao igual que na Rúa Pumariño, coa que entronca a primeira. A lonxitude dos tubos a renovar en estas dúas rúas acada os 400 metros.

Unha vez rematada esta actuación, os traballos trasladaranse ás Carolinas para renovar a rede de abastecemento en toda a rúa Blanco Amor.

As dúas obras serán executadas mediante a colaboración do Concello e a concesionaria do servizo de augas, Espina y Delfín. Operarios de Obras do Concello encargaranse de abrir as rúas e de pechalas unha vez cambiadas rematados os traballos. O persoal de Espina será o que cambie as tuberías e realice as conexións e entronques correspondentes.

Un dos obxectivos prioritarios do goberno local é ir renovando progresivamente as redes de abastecemento e saneamento do municipio, servizos que debido á falta de investimentos de varios anos, presentan problemas estruturais derivados da súa antigüidade que se materializan en numerosas avarías e as conseguintes molestias para os cidadáns. A maiores de actuacións concretas como estas dúas e a levada a cabo hai unhas semanas na Rúa López Ballesteros, o Concello inclúe a renovación das redes de servizos básicos en todos os novos proxectos de humanización ou accesibilidade que se están a desenvolver no municipio
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -