_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Silva confirma a pe de vía que a Deputación aportará 200.000 euros á Vía Verde do Salnés

Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos alcaldes de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas, Alberto Varela, Juan Manuel Rey e Víctor Estévez, visitou esta mañá un tramo do trazado da futura Vía Verde do Salnés, que será pioneira en Galicia. Silva manifestou o "total apoio da Deputación a esta iniciativa, a primeira deste tipo que se está a desenvolver na nosa comunidade, que están a promover os concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas e que cumpre con moitos dos nosos obxectivos". Neste eido, a presidenta provincial adiantou que a Deputación achegará "200.000 euros dos nosos fondos propios, que están comprometidos, para impulsar de xeito inmediato esta actuación a través dun convenio de colaboración".
Xunta á presidenta da Deputación e os alcaldes, participaron na visita leva a cabo na zona de Rubiáns (Vilagarcía), o deputado provincial de Cooperación Municipal, David regades e os concelleiros vilagarciáns de Medio Ambiente e de Turismo, Lino Mouriño e Juan Antonio Pérez.

Carmela Silva destacou que a Vía Verde do Salnés, proxecto de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas, será "un elemento moi importante de atracción turística". De feito, a presidenta da Deputación detallou que son "millóns as persoas que se moven polo mundo para percorrer vías verdes a través de espazos que ofrezan, ademais, cultura e elementos paisaxísticos de interese".

Xunto ao interese turístico desta actuación, Silva tamén fixo fincapé na importancia da vía verde "para recuperar espazos en desuso". A presidenta destacou que "as administracións temos a obriga de recuperar espazos que no pasado se destinaron a un acometido e hoxe están baleiros de contido". Ademais, tamén é un xeito de recuperar "o espazo que no pasado se lle quitou á xente, abrindo novos lugares para o ocio, para a oferta lúdica, para que as persoas o poidan gozar, algo que ten moito que ver cos proxectos que estamos a poñer en marcha desde a Deputación de Pontevedra en materia de mobilidade, accesibilidade e seguridade".

A presidenta da institución provincial puxo tamén en valor a suma de sinerxías entre os concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas para promover proxectos comúns. Ao respecto, Carmela Silva explicou que "un dos acordos do noso pacto de Goberno entre o PSdeG e BNG era o financiamento de proxectos que fosen presentados por un conxunto de concellos, como acontece neste caso, polo que neste eido o proxecto da vía verde tamén cumpre cos nosos eixos de actuación".

A Vía Verde do Salnés vai ser a primeira destas características en toda Galicia. "Estou segura que vai ser un elemento de moita atracción de visitantes –indicou a presidenta provincial– polo que quero felicitar aos tres alcaldes pola idea, por ser capaces de impulsar proxectos conxuntos que van redundar no Salnés pero tamén en toda a provincia e en toda Galicia, xa que falamos dunha ruta pioneira na nosa comunidade, algo que noutras zonas do territorio está desenvolvido".
Sobre a vía verde do Salnés, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, asegurou que "aspiramos a que as obras comecen este ano porque o feito de ser pioneiros é un dos aspectos máis importantes, que vai permitir poñer en valor elementos do noso patrimonio, e cantos antes o poñamos en marcha mellor".
Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía de Arousa, agradeceu á Deputación de Pontevedra "a boa predisposición, desde o principio, por apostar de xeito decidido por este proxecto e velo con bos ollos". Varela enxalzou "as facilidades dadas en todo o momento e a xenerosidade da institución provincial que, ademais dos fondos que achega a través do Plan Concellos, está a facer un esforzo novamente neste proxecto. Ogallá que cando chamásemos a outras administracións fose tan fácil como coa Deputación". Varela asegurou que o proxecto da vía verde está xa redactado e que soamente queda "impulsar os trámites administrativos para que poidamos gozar canto antes desta primeira vía verde galega que, ademais de fomentar o turismo de natureza atravesa elementos patrimoniais e históricos de grande importancia".

A presidenta atendeu a petición dos rexedores para que sexa a propia Deputación a que saque a licitación as obras, tan pronto como se concrete o convenio de colaboración entre a administración provincial e os tres concellos, co obxectivo de que os traballos poidan comezar este mesmo ano.

Financiamento de cinco administracións

O custe total do proxecto ascende a 565.533 euros. A maiores dos 200.000 euros que aportará a Deputación, a Xunta de Galicia tamén comprometeu o seu apoio á iniciativa a través da Consellería de Medio Ambiente. A administración autonómica pretende recorrer a fondos europeos a través da liña FEDER para financiar a rehabilitación da ponte de ferro que atravesa o Umia, un dos elementos máis destacables do antigo traxecto ferroviario, así como toda a sinalética do trazado. Medio Ambiente está xestionando estas posibilidades para unha vez confirmadas dende Europa, proceder á firma do respectivo convenio cos concellos. Pola súa banda, os tres concellos terán que financiar o resto da actuación.

Algo máis de 9 quilómetros dunha senda accesíbel

A Vía Verde do Salnés terá una lonxitude de 9,195 quilómetros partindo de Abelle (Rubiáns), pasando por Caldas e rematando na estación de Portas, nas inmediacións da vella azucareira. Ao longo do seu percorrido destacan varios lugares e puntos de interese, como o Pazo de Rubiáns, o antigo apeadeiro de Ande, a ponte metálica sobre o Umia (que se recuperan con estre proxecto) ou a Azucareira de Portas; ademais do atractivo etnográfico e natural co que conta, con exemplos da arquitectura popular típica do rural galego, os minifundios ou o bosque autóctono. Para gozar destes atractivos o proxecto prevé a creación de 3 áreas de descanso e 2 miradoiros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -