_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Lectoriño invita a facer unha viaxe ao pasado de Vilagarcía a través de libros, contos e obradoiros

A Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil de Vilagarcía, o “Lectoriño” regresa esta fin de semana cunha edición que ten como temática principal á historia da cidade. Baixo o título “A Máquina do tempo; viaxe ás nosas orixes” o Lectoriño aproveitará os libros e os contos para dar á coñecer a nenos e mozos o pasado de Vilagarcía, ademais de ofrecer obradoiros sobre arte rupestre organizados polo CSIC, a exposición dos Bolechas no Castro de Alobre, a proxección da película “Os Croods” e un roteiro literario para recrear a Vilagarcía de principios do século XX a través do libro “O xardineiro dos ingleses”. Oito editoriais estarán presentes na mostra.
19.04.2018.- O programa deseñado pola Concellería de Xuventude para a XVII edición do Lectoriño ábrese o sábado pola mañá e pecharase o luns, 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro. Ao coincidir en fin de semana, a actividade concentrarase principalmente entre o sábado e domingo. Como é costume, tanto a visita á exposición de libros como a participación nas diferentes actividades para nenos e mozos, é totalmente gratuíta.

Mostra literaria, contacontos e película para o sábado

A programación comeza o sábado ás 11.30 horas coa apertura da exposición de literatura infantil e xuvenil na Sala de Exposicións do Auditorio. Oito editoriais exhibirán as súas novidades literarias para nenos e mozos, libros que os asistentes poderán follear e mesmo pararse a ler no espazo habilitado para elo. As editoriais presentes son Xerais, Kalandraka, OQO-Editora, Edicións do Castro Editorial Ir Indo, Galaxia, Patasdepeixe, Bolanda Ediciones e Marketing
Completan a mostra os títulos que aporta a Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

As 12 horas comezará o contacontos “Debulando Lendas” co que a compañía Títeres Tarabelos amosará aos cativos a riqueza da cultura galega, prolífico en lendas que serven para coñecer mellor as nosas orixes.

Xa pola tarde, a mostra volverá a abrir as súas portas ás 17.30 horas e, media hora despois, na mesma sala de conferencias do Auditorio proxectarase a película de animación “Os Croods” que relata as aventuras dunha familia da prehistoria.

Obradoiros de arte rupestre e contacontos con cerámica prehistórica

O xornada dominical do Lectoriño comezará ás 11.30 coa apertura da mostra e ás 12 dará comezo a primeira das actividades organizadas polo centro Superior de Investigacións Científicas, o CSIC. Trátase do obradoiro que leva por título “O meu labirinto” e no que os participantes poderán descubrir a importancia e simboloxía da arte rupestre. Esta actividade enlaza e tamén servirá para que os cativos coñezan e saiban do valor dos petróglifos de Bamio.
Tras volver a abrir as portas as 17:30 horas, chegará a segunda actividade a desenvolver polo CSIC. Neste caso será o contacontos “Unha porta á Prehistoria” que emprega a técnica xaponesa Kamishibai ou teatro de papel xaponés, combinada cun obradoiro cerámico. Este espectáculo remonta ao público 6.000 anos atrás para contar a historia dunha nena da prehistoria que perde a súa cunca, un dos utensilios máis prezados, e ten que facer unha nova. Deste xeito vanse ensinando as técnicas cerámicas da época e os motivos e simboloxía con que eran decorados.

Tanto o contacontos como o obradoiro complementario celebrarán un segundo pase as 19:00 horas.

De ruta pola Vilagarcía de principios do século XX

A programación do Lectoriño pecharase o luns, Día Internacional do Libro, cunha actividade que ten como destinatario á mocidade. Serán un grupo de estudantes de bacharelato do instituto Castro Alobre os que participen no roteiro literario a desenvolver por distintos lugares da cidade. A ruta percorrerá diversos escenarios que aparecen o libro “O cemiterio dos ingleses” escrito por Marcos Calveiro e que desenvolve na Vilagarcía de principios do século XX. O propio autor exercerá de guía nesta actividade que ademais de fomentar a lectura pretende divulgar a historia da nosa cidade. Para elo, a Concellería de Xuventude adquiriu exemplares da obra para que entregou previamente ao instituto para que foran traballando sobre eles os días anteriores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -