_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello traslada a Educación as analíticas da auga dos colexios para que a Consellería adopte as medidas oportunas

O Concello de Vilagarcía remitiu esta mañá á Consellería de Educación os resultados das analíticas das augas tomadas nos centros educativos do municipio co obxecto de que a Xunta adopte as medidas oportunas para evitar que se volvan a producir situacións como a rexistrada no colexio de Carril debido á antigüidade das tuberías do centro. O único colexio no que se detectou unha presenza de ferro por riba no valor paramétrico dos 200 microgramos por litro foi o de Rubiáns que dou 230. Pese a que a auga sendo “apta para o consumo”, o Concello alerta á Xunta da situación é o alcalde pedirá unha entrevista co conselleiro de Educación para que lle informe dos plans que ten o organismo para ir corrixindo este tipo de anomalías antes de que acaden maior gravidade.
27.04.2018.- O goberno local de Vilagarcía ordenou facer analíticas das augas no interior e exterior de todos colexios do municipio despois de que, como consecuencia da denuncia da AMPA do Rosalía de Castro, no centro se detectaran niveis de ferro que triplicaban o límite máximo de 600 microgramos por litro que a normativa permite para o consumo. Dado que a auga que saía polas billas do colexio de Carril non era apta para o consumo, o concello encargouse de abastecer de auga embotellada ao colexio mentres a Consellería no executaba as obras de substitución das vellas tuberías de ferro, orixe da problemática.

O Real Decreto 140/2003 marca en 200 microgramos por litro o valor paramétrico do ferro. Os niveis inferiores a esta marca considéranse óptimos. Por riba dos 200 e ata os 600, a auga considérase “apta para o consumo” e por riba dos 600 “Non apta”.

Dos 16 centros educativos nos que se analizou a auga, só o de Rubiáns supera a barreira dos 200 microgramos de ferro por litro de auga. Os outros tres centros que se aproximan ao nivel paramétrico son o Anexo a Lomba (190), A Escardia (180) e Vagalume (120).

Dos restante centros, en sete deles a cantidade de ferro detectada na auga que sae polas billas é inferior ou igual aos 10 microgramos por litro (EEI Guillán, Escola Infantil A Galiña Azul, EEI Vilar-Bamio, CEIP Vilaxoán, colexios A Lomba e, Arealonga e a unitarias de Solobeira). No centro de Educación Especial de Marxión o ferro situouse en 60 microgramos por litro, na escola unitaria de Aralde en 40, no CEIP Piñeiriño en 30 e no colexio de Carril, tras a substitución das vellas tuberías, tamén en 30, moi lonxe dos 1.440 rexistrados antes da obra
O alcalde, Alberto Varela, comentou ao respecto que “aínda que non hai motivo para a alarma, xa que ningún centro se aproxima nin de lonxe á situación que viviu Carril, as administracións teñen que estar atentas e vixilantes, especialmente nos centros que xa apuntan uns niveis máis próximos ao máximo que se considera óptimo. Por iso pretendo volver a reunirme co conselleiro de Educación avaliar con el a situación análises en man e coñecer as medidas que o seu departamento vai a adoptar e as previsión de execución, dado que son actuacións da súa competencia”.

A voz de alarma saltou en Carril

O goberno local de Vilagarcía ordenou facer analíticas das augas no interior de todos colexios do municipio despois de que, como consecuencia da denuncia da AMPA do Rosalía de Castro, neste centro se detectaran niveis de ferro que triplicaban o límite máximo de 600 microgramos por litro permitidos para o consumo. Dado que a auga que saía polas billas do colexio de Carril non era apta para o consumo, o concello encargouse de abastecer de auga embotellada ao colexio mentres a Consellería no executaba as obras de substitución das vellas tuberías de ferro, orixe da problemática.

Medición doutros minerais

A concesionaria do servizo de auga, Espina e Delfín, foi a encargada de realizar as analíticas encargadas polo Concello nos 16 centros de Infantil e Primaria do municipio. As mostras tomáronse entre os días 10 e 18 de abril e os resultados recibíronse a última hora da mañá de onte. Hoxe mesmo, deuse traslado dos mesmos á Consellería de Educación e solicitouse unha entrevista co conselleiro. Tamén se comunicaron os resultados ás direccións dos centros.

Ademais do ferro, tamén se mediu a presenza doutros minerais como cobre e chumbo, así como a do cloro. En todos os casos, os niveis deron dentro dos parámetros óptimos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -