_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Spasmo Teatro invita aos cativos a vivir unha divertida aventura viaxando polas diferentes culturas do mundo

O teatro infantil regresa esta fin de semana ao Auditorio cunha divertida proposta que chega dende Salamanca coa compañía Spasmo Teatro. Baixo o título de “El Mundo Lirondo” o espectáculo invita ao publico familiar a viaxar por diversos lugares do globo terráqueo para coñecer as diferentes culturas, ecosistemas e costumes. A representación terá lugar o sábado, 28 de abril, ás 18:00 horas. A entrada infantil (ata os 16 anos) custa 2 euros e a de adulto 5.
27.04.2018.- Os pequenos espectadores que acuda ao pase de “El Mundo Lirondo” adquirirán de xeito divertido e emocionante as nocións básicas de xeografía, xentes e diferenzas culturais, plantas e animais, e fundamentalmente, a importancia de respectar e coidar o medio ambiente. Durante os 50 minutos que dura a viaxe verán e aprenderán a manexar mapas e datos sobre a flora, a fauna e os bailes típicos de cada lugar que se visitará, así como algúns feitos extraordinarios sobre o mundo no que vivimos.

O espectáculo de Spasmo Teatro incluése no ciclo de teatro que a Concellería de Cultura programou xunto coa Agadic para o primeiro semestre do ano a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

As entradas para asistir a esta función estiveron á venta en ticketea e poderán adquirirse mañá, a partir das 16.00 horas na billeteira do Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2018  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -