_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello prevé ampliar o saneamento e dotar de alumeado á rúa Veiga da Aldea, en O Vento

O Concello de Vilagarcía xa ten proxectada unha nova actuación no rural. Neste caso trátase da ampliación da rede de saneamento e da dotación de alumeado público á rúa Veiga da Aldea, no lugar do Vento, parroquia de Cea. Con este proxecto o Concello atende unha demanda dos veciños da zona e continúa estendendo os servizos básicos a novas zonas do rural. A actuación precisará dun investimento de 136.733 euros.
01.05.2018.- O goberno local xa dou o primeiro paso para atender esta petición dos veciños coa redacción do proxecto á que xa se lle dou o visto bo na Xunta Local de Goberno. A actuación prevé a instalación dun novo colector de saneamento a conectar á rede xeral e que permitirá dar servizo a unhas vivendas da zona. Ademais, este novo colector permitirá aliviar o caudal de augas que movía o bombeo de Loenzo, posto que as augas negras que se recollan con esta nova instalación xa non irán a parar aí, senón que se derivaran por gravidade cara os colectores xerais que discorren pola estrada PO 305 (subida ao Pousadoiro polo Vento).

O proxecto prevé ademais a instalación de alumeado público na rúa veiga da Aldea, que ata agora carecía deste servizo. Instalaranse báculos de 7 metros de altura con iluminación led, cada 30 metros.

A actuación inclúe a construción de pozos de rexistro, tanto do saneamento como eléctricos, instalación de novas canalizacións e cadros eléctricos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -