CONCELLO
Xa se poden comprar as entradas para o xantar da Romaría dos Maiores a celebrar o 9 de xuño en Fexdega A Romaría dos Maiores xa ten data. Celebrarase o 9 de xuño en Fexdega, como ven sendo habitual nos últimos anos. A Área de persoas Maiores xa ten todo organizado para realizar a esperada festa anual de confraternización na que haberá actuacións musicais, baile, gastronomía, xogos e premios. A partir de hoxe xa se poden adquirir as entradas para o xantar popular. Custan 6 euros e poden retirarse nas dependencias da Concellería. As primeiras 300 persoas en comprar a localidade recibirán un agasallo publicitario.
02.05.2018.- A Romaría está aberta á participación de todas as persoas que desexen gozar dunha xornada festiva. A asistencia aos actos é de balde, excepto para participar no xantar, para o que será preciso adquirir entrada. Un total de 550 comensais poderán participar no almorzo consistente nun menú a base de empanadas variadas, embutidos, orella á feira ou mexillóns ao vapor (dependendo da dispoñibilidade dos mexillóns, carne ao caldeiro, sobremesas, pan viño, auga, refrescos, café e licores.A Concellería das Persoas Maiores organiza e subvenciona este encontro de verano a efectos de que os asistentes poidan gozar da xornada de diversión a un prezo asumible pro todos os petos.
A festa en Fexdega comezará a mediodía onde antes do xantar haberá algunha actuación musical. Durante a xornada celebraranse os tradicionais concursos de baile, rá e chave e tamén se renderá homenaxe ao home e á muller de maior idade presentes na festa. A sobremesa estará amenizada por un grupo musical para animar ao baile.