_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Gonzalo Arca, a feira celta e as orquestras París de Noia e os Satélites completan o programa de Santa Rita

A concelleira de Cultura, Sonia Outón presentou o programa de actos das festas de Santa Rita. Ademais do xa anunciado concerto do grupo Novidades Carminha, a programación a desenvolver entre o 18 e o 22 de maio inclúe a actuación da banda do vilagarcián Gonzalo Arca, a feira celta, as verbenas as orquestras París de Noia, Os Satélites e La Fórmula. Encontro Folclórico, a Rúa dos cativos, pasarúas e moito deporte completan o cartel no que por suposto non faltarán os actos relixiosos e a tradicional romaría popular na contorna de Vista Alegre.
05.05.2018.- As festas de Santa Rita deste ano darán o pistoletazo de saída o venres 18 de mao coa apertura do Mercado Celta que este ano chega cargado de atractivas novidades. Os postos desta feira inspirada na época castrexa instalaranse no parque da Xunqueira, moi preto do Castro de Alobre. Ademais de pasarrúas e actividades de animación de temática celta, a feira inclúe obradoiros e xogos para nenos e nenas, a visita do Fauno e da deusa celta da guerra e ata vodas polo rito celta.

Ese mesmo día terá lugar o concerto de balde no escenario da Xunqueira onde actuará o banda do músico vilagarcián Gonzalo Arca que, como el mesmo explicou na presentación das festas, para a ocasión interpretará os temas do seu primeiro disco, "Alone at The Crossroad”, presentará un par de cancións novas do que será o segundo traballo, e interpretará algún clásico. Acompañarán a Arca sobre o escenario Tom Risco (batería), Jesús Vidal (baixo), Nacho Pérez e Pablo Pérez (guitarras).

Despois de Arca, esa mesma noite subiranse ao escenario Novidades Carminha, o trío galego de punk e garaxerock formado por Carlos Pereiro – Carlangas-, Adrián D. Bóveda – Jarri- e Xavi G. Pereiro. O grupo presentará o seu novo disco, o cuarto, titulado "Campeones del Mundo".

O espectáculo de ventriloquía de Alejandro Guanella “Conversas con Tana” levarán o entretemento á Praza de Galicia e na Alameda colocarase a Rúa dos cativos, as actividades gratuítas para nenos patrocinadas por Gadis e que ofrecerán xogos, obradoiros e inchables durante todos os días das festas.

O concerto da Banda de Música de Vilagarcía, no marco do programa A Banda Na Rúa é todo un clásico de Santa Rita que terá lugar o domingo 20 de maio na Praza de Galicia. Tamén ese día despegará o Ágora Vermú co concerto na Baldosa do grupo flamenco Tacón Gitano.

Como non podía ser doutro xeito, as festas contarán co atractivo da romaría popular que, neste caso, adquiren a súa vertente máis urbana ao enmarcarse en pleno caso cubano. No contorno da igrexa conventual e do pazo de Vista Alegre instalaranse os postos de pulpeiras e rosquillas onde os devotos que asistan ás misas na honra de Santa Rita poderán recuperar forzas. A multitudinaria procesión da tarde do 22 de maio porá o colofón á parte relixiosa das festas.

Ademais, como cada ano, o deporte terá un peso especial durante esta celebración xa que durante estes días desenvolveranse competicións de distintas modalidades, como o torneo infantil de fútbol 11, a concentración das escolas de rugby, regatas de vela e de piragüismo, campionato de xadrez e exhibición de taekwondo

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -