_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais á contratación e consolidación de emprego

As empresas das comarcas do Salnés e Caldas que contraten traballadores empadroados en Vilagarcía poden optar as subvencións á contratación e consolidación de emprego que convoca o Concello de Vilagarcía. O prazo para solicitar as axudas promovidas pola Concellería de Promoción Económica e Emprego xa está aberto e os interesados poden consultar as bases e obter os impresos de solicitude no taboleiro de anuncios desta web.
07.05.2018.- A liña de axudas que o Concello ofrece á iniciativa privada ten como obxectivo potenciar a creación e a consolidación de emprego. Trátase dunha medida posta en marcha polo goberno de Alberto Varela para tratar de reducir os niveis de paro e incidir na mellora das condicións laborais dos traballadores mediante a estabilización do emprego. A concellería de Promoción Económica e Emprego elevou por segundo ano consecutivo a partida para as axudas, para as que este ano se dispón de 50.000 euros, 6.000 máis que en 2017.
As subvencións teñen como obxectivo favorecer anovas contratacións ou o mantemento e consolidación de emprego de persoas empadroadas en Vilagarcía en empresas da comarca do Salnés e Caldas.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas que formalicen contratos con traballadoras e traballadores empadroados no Concello de Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano e inscritos como demandantes de emprego no servizo Público de Emprego de Galicia (antigo Inem). Considéranse subvencionables as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. A subvención por cada contrato pode chegar ata un máximo de 3.000 euros.

Novidades

Unha das novidades que se introducen este ano e a posibilidade de subvencionar contratacións indefinidas a tempo parcial, atendendo á natureza e características propias da prestación laboral e/ou da actividade da empresa.
A segunda novidade da convocatoria deste ano é que se establece un máximo de tres subvencións por empresa. Este criterio rexerá por norma xeral, coa excepción de que unha vez resoltas as solicitudes, queden fondos libres. Nese caso, os remanentes destinaranse a atender as solicitudes presentadas a maiores por unha mesma empresa, sempre que cumpra cos demais requisitos.
Os contratos a subvencionar deben estar asinados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de novembro de 2018.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -