_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
A Fundación abre o prazo de inscrición na escola municipal de piragüismo a desenvolver en verán

A Fundación Municipal de Deportes abriu hoxe o prazo de inscrición na Escola Municipal de Piragüismo, unha das modalidades de deporte náutico que se ensinarán durante os meses de verán. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2009 incluídos e, como condición indispensable, que saiban nadar. A cota é de 12 euros, prevéndose diferentes bonificacións que poden minorar o custe.
07.05.2018.- A actividade impartirase nos meses de verán, en concreto do 29 de xuño ao 26 de agosto e as clases terán lugar nas dársenas do peirao deportivo.

O prazo de inscrición abriuse hoxe, 7 de maio e pecharase o 25 de xuño. A Fundación oferta un total de 30 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As solicitudes, cuxo formulario pode imprimirse dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou recoller nas dependencias da Fundación, sita en Fexdega, deberá presentarse na mesma sede de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Deberá achegarse ademais a fotocopia do DNI do interesado ou copia do libro de familia,o xustificante de ingreso da cota ou copia do carné da Fundación en caso de telo.

Como xa se dixo, a cota xeral por asistir á Escola Municipal de Piragüismo é de 12 euros, aínda que estarán exentos de pago as persoas que posúan o carné da Fundación de deportes e será gratuíta para as familias que teñan ingresos inferiores ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso, calculado por renda per cápita. Tamén se prevé unha redución do 24% da cota para familias numerosas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2018  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -