CONCELLO
Retíranse os contedores soterrados da Praza de Galicia para mellorar a imaxe e evitar o deterioro da zona peonil A liña de contedores soterrados da Praza de Galicia, clausurada dende que se iniciaron as obras de humanización do centro, eliminarase definitivamente deste punto co obxecto de mellorar a imaxe da zona e evitar o deterioro da zona peonil. Os veciños da zona disporán de tres puntos para depositar o lixo, todos situados a poucos metros e que son os que están funcionando dende o inicio das obras, nas rúas que desembocan na Praza. Estes puntos son os instalado no cruce de Edelmiro Trillo con Padre Feijó, no inicio de Arcebispo Lago e no medio de Conde Vallellano.
08.05.2018.- Coa eliminación da liña de contedores soterrados lógrarase, por un lado, evitar a mala imaxe que estaba a dar, especialmente en verán, a acumulación de lizo fora dos depósitos por estar estes cheos ou porque as grandes bolsas que utilizan os establecementos hostaleiros non tiñan cabida pola boca dos contedores. E por outro, tamén se evita o paso do camión de recollida do lixo pola zona peonil, co conseguinte deterioro da mesma como consecuencia da rodaxe a diario dun vehículo pesado como este.
Persoal do Concello comezou esta mañá a desinstalar a liña de contedores. Os equipos revisaranse para ver si se atopan en bo estado. A idea é aproveitar a maquinaria que funcione para instalala na liña da Praza da Constitución, que leva algún tempo avariada. Deste xeito aproveitaríase o equipamento e aforraríanse os elevados custes que supón o arranxo deste tipo de maquinaria, situación que está provocando que o sistema de contedores soterrados estea sendo eliminado de numerosos municipios de Galicia e de España pola frecuencia das avarías que sofren e o elevado custe das reparacións.