_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio ofrece para o curso que ven 34 prazas repartidas en 11 especialidades instrumentais

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía ofrece para o curso que ven un total de 34 prazas distribuídas nas 11 especialidades instrumentais que se imparten no centro nos dous graos. O centro de ensino musical abre a vindeira semana o prazo para inscribirse nas probas de acceso que deberán realizar os alumnos que desexen acceder a algunha destas prazas para cursar estudos no Conservatorio.
08.05.2018.- En total son 16 as prazas dispoñibles no Grao Elemental e 18 para o Profesional. En canto aos instrumentos, piano é para o que existe o maior número de prazas con 7 (2 en elemental e 5 en profesional), seguido de violín, trompeta, percusión e frauta (2 en elemental e 2 en profesional en todos os casos). Gaita e guitarra son as especialidades con menor oferta, so unha praza para cada un deles e no grao elemental.

O número de prazas para os demais instrumentos é de 2 de clarinete en grao profesional, 2 de saxofón (1 elemental e 1 profesional), 3 de trombón (2 en elemental e 1 en profesional) e 2 en violonchelo, 1 para cada un dos graos).

Como se sabe, para acceder ao Conservatorio, os aspirantes deben superar as probas de acceso. A inscrición para estes exames de ingreso debe realizarse do 14 ao 24 de maio nas dependencias do Conservatorio (sitas no Auditorio). Para facelo deberán presentar cuberto o impreso de matrícula que se pode recoller nas oficinas do centro, copia do DNI ou folla do libro de familia e o ticket de ter abonado as taxas de exame. As taxas son de 31,20 euros para o grao elemental e 83,20 para o profesional.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -