_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os concellos ribeireños reúnense en Vilagarcía para presentar unha nova edición do “Goza do Ulla”

O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do “Goza do Ulla”, o programa de rutas de sendeirismo en 20 dos municipios polos que discorre este río. As camiñatas, que se desenvolverán os venres e sábados, poranse en marcha o 26 de maio e rematarán o 28 de outubro. Vilagarcía, que se integrou no programa no ano 2015, ofrece una ruta o 10 de xuño que permitirá pasear polas ladeiras de Xiabre para recrearse coas espectaculares da desembocadura do Ulla e illa de Cortegada dende o miradoiro de Bamio.
10.05.2018.- O programa Goza do Ulla naceu en 2011 coa participación de 5 concellos ribeireños. Sete anos despois, toman parte nel 20 municipios das tres provincias polas que discorre o Ulla. Son os concellos de A Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, presidiu o acto no que lembrou que Vilagarcía non foi un dos concellos fundadores do programa, “pero vimos pronto a potencialidade da mesma e as oportunidades que representaba unir forzas a nivel supramunicipal para crear un gran recurso turístico baseado na natureza, o patrimonio, a cultura, a etnografía e a gastronomía”. O concello arousán integrouse no ano 2015 na iniciativa tendo en conta que a desembocadura do Ulla ábrese nas parroquias de Bamio e Carril para fundir as súas augas coas da Ría. O rexedor destacou que xusto aquí se atopa “a xoia natural” de Cortegada, enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas, “formada cos limos que o Ulla foi depositando durante milleiros de anos” e que aporta un valor engadido a resaltar dentro deste programa.

Varela apuntou que “os vinte concellos temos atractivos máis que suficientes e de gran valor para amosar, dos que presumir e aos que sacarlle un rendemento sostible, acorde cos tempos nos que vivimos, dos que podamos gozar respectando e poñendo en valor o medio natural e rural, tal como podermos comprobar en cada un dos roteiros que temos preparados para este ano”.

Máis de 250 quilómetros da Gran Ruta

A reunión serviu tamén para sentar as bases para a creación da Gran Ruta do Ulla, que se articulará unindo os roteiros habilitados por cada concello, de xeito que se contará con máis de 250 quilómetros de sendeiros ininterrompidos que terán como nexo común a curso fluvial. O alcalde de Vilagarcía felicitou a todos os concellos por “saber aproveitar as nosas sinerxias co obxecto de poñer en marcha este ambicioso proxecto para o cal buscaremos obter a homologación como Gran Ruta por parte da Federación Galega de Montañismo e a inclusión na Rede de Camiños Naturais do Ministerio de Medio Ambiente”.

Este gran proxecto, que conta co compromiso de participación da Xunta de Galicia na redacción do proxecto e na execución da actuación, “repercutirá de forma moi positiva nos nosos municipios”.

Para a posta en marcha desta iniciativa, é preciso constituír unha asociacións cos concellos participantes. O borrador dos estatutos xa está elaborado e remitirase en breve a todos os municipios para que o revisen antes de proceder a súa aprobación e a constituír oficialmente a entidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -