_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As celebracións das Letras Galegas chegan ao seu cume cun documental e os actos centrais en Carril

A programación deseñada pola Concellería de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á María Victoria Moreno, chega estes días ao seu cume. Na véspera do 17 de Maio proxectarase un interesante documental sobre a labor da pedagoga viguesa Antía Cal, e o propio día das Letras, o xoves, os actos centralizaranse en Carril onde, ademais da tradicional ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro haberá varias actuacións folclóricas e musicais. O programa pecharase o luns 28 con teatro para os alumnos de institutos.
15.05.2018.- “A palabra xusta” é o título do documental que se proxectará mañá, a partir das 21.00 horas no Salón García coa colaboracio´n do Cine Club Ádega. O audiovisual baséase na labor desenvolvida pola pedagoga viguesa Antía Cal, que nos anos 60 fundou na cidade olívica a Escola Rosalía de Castro. Este feito servirá de base para abordar a temática da educación partindo da lingua materna. O documental dirixido por Miguel Piñeiro data do ano 2016 e ten unha duración de 74 minutos. A entrada é de balde.

Xa o xoves, día festivo, os actos do Día das Letras Galegas comezarán ás 11 da mañá en Carril con pasacalles a cargo do Grupo de Gaitas Malveiras. As 12 na Praza da Liberdade actuará a escola de baile e pandeireta e a continuación tocará a Rondalla Gato Negro. As 12.30 terá lugar a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro, acto no que participará o alcalde, e concelleiros do goberno, así como do resto da Corporación. As celebracións volverán á Praza da Liberdade ás 13.00 horas para dar comezo ao concerto co que Davide Salvado e Pedro pascual amenizarán a sesión vermú. Para rematar a celebración, ofrecerase un pincho popular na sede do Gato Negro.

En caso de choiva, os actos trasladaríanse ao Gato Negro.

A programación das Letras Galegas aínda terá un último acto. Será o luns, 28 e consistirá na representación teatral da obra “Leonardo e as Fontaneiras” a cargo da compañía Ubú Teatro. Tr´`atas dunha representación para alumnos dos institutos da cidade. Antón, un dos protagonistas da obra, narra as aventuras de colexio que viviu cando era neno coa súa compañeira Begoña. Esta adaptación teatral traslada ao público ao universo que a autora homenaxeada este ano o Día das Letras, María Victoria Moreno, creou para o seu personaxe Antón.

Por outro lado, e exposición sobre a vida e obra de María Victoria Moreno instalada na Biblioteca Municipal, aínda poderá visitarse ata o 30 de maio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -