_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Ágora Vermú regresa este domingo á Baldosa cos ritmos flamencos de Tacón Gitano

A terceira edición do “Ágora Vermú”, o ciclo de concertos matutinos ao aire libre organizado pola Concellería de Cultura de Vilagarcía, ponse a andar este domingo, 20 de maio, coa actuación de Tacón Gitano. A formación animará á hora do aperitivo con ritmos e baile flamenco. O concerto será na Rúa Baldosa a partir das 13:30 horas.
19.05.2018.- Tacón Gitano é flamenco, pero non é un flamenco calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano, que expresa coma ninguén seus sentimentos a través da súa música e o seu baile. A formación inclúe no seu repertorio temas moi populares de recoñecidos artistas e grupos como Niña Pastori, Ketama , José el Francés ou Camarón; e a súa actuación inclúe a intervención dun xoven “bailaor” que arrancarase por soleares e bulerías.

Ágora Vermú é un programa ideado como elemento dinamizador e para achegar distintos estilos de música e actividades lúdicas a público de todas as idades, é dicir, a todas aquelas persoas, familias ou grupos de amigos que se topen polas rúas un domingo a mediodía. Seguindo a tónica marcada dende a súa creación, o ciclo inclúe estilos musicais diversos e ten un criterio deslocalizar, polo que os concertos non se limitarán ao centra da cidade, senón que se achega a outras zonas. Este ano, ademais da céntrica Rúa Baldosa e o Xardín de Ravella, tamén haberá actuacións no Parque de Dona Cocha en Vilaxoán, na Praza da Liberdade de Carril e no Piñeiriño.

Ao primeiro concerto deste domingo, seguiranlle os de Terbutalina, A Gramola, The Dawlins e Funkles, todos eles os domingos á hora do vermú.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -