_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello leva á Praza de Abastos a cento cincuenta alumnos de primaria

Un total de 154 escolares de Primaria de seis centros educativos do municipio terán a oportunidade de participar nas visitas guiadas á Praza de Abastos que organizan a partir do mércores as concellerías de Educación e de Promoción Económica no marco da campaña europea “Quere o teu mercado”. Con esta actividade, os escolares, de idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, coñecerán de primeira man e sobre o terreo o funcionamento do mercado público da súa cidade, o xeito no que chegan os diferentes alimentos ás prazas, a súa relación coa alimentación saudable, os prezos, o proceso de compra.
21.05.2018.- A primeira visita terá lugar o mércores, 23 de maio, a partir das 10 da mañá e nela participarán escolares do colexio Rosalía de Castro de Carril. Nas seguintes sesións, acudirá alumnado do Centro de Educación especial, colexio A Lomba, Anexo A Lomba, Arealonga e CEIP de Vilaxoán. Ademais de organizar a visita e acompañar aos grupos de escolares, o Concello facilítalles o transporte aos colexios da periferia.

Os cativos acudirán á sala de abastos en horario de mañá, cando a Praza se atopa en plena actividade, coa intención de que poidan ver o mercado público en plena efervescencia. O funcionario responsable da Praza fará de guía e os cativos poderán falar e facer as preguntas que desexen aos comerciantes dos distintos sectores presentes na sala pública de Abastos (peixe, verdura, carne, conxelados, froita, pan, mel, queixos…).
Ademais de revalorizar o mercado tradicional e divulgar a calidade e frescura do produto que nel se venden, a actividade ten outro obxectivo, que é incidir nos bos hábitos de alimentación dos nenos e nenas. Todo o que aprendan na visita e tamén nas actividades complementarias a realizar nas aulas poderán transmitilo posteriormente ás súas familias, dando maior difusión deste xeito aos obxectivos que persegue a iniciativa tanto en materia de dinamización e promoción da Praza como no que a unha axeitada alimentación se refire.

O Concello de Vilagarcía participa na campaña de ámbito europeo “Quere o teu mercado” co obxecto de promocionar e potenciar os mercados tradicionais. As visitas escolares son unha iniciativa municipal coa que se complementan as actividades promovidas pola Xunta de Galicia no marco da campaña.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -