_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía presenta o Festival Internacional de Música “Clasclás” na Universidade de Santiago

O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o “Clasclás” vive esta tarde a súa posta de largo co acto que o Concello de Vilagarcía organizou na Universidade de Santiago para presentar o evento. O Paraninfo da Facultade de Historia acollerá a presentación que terá lugar ás 20:30 horas ao que foron invitados representantes das principais formacións de música clásica de Galicia.
23.05.2018.- O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía é unha iniciativa promovida e organizada polo Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía e o Concello que se desenvolverá do 30 de xuño ao 7 de xullo que contará coa participación de 42 prestixiosos intérpretes de diferentes países do mundo. A dirección artística do evento corre da man do violinista israelí Guy Branstein, director musical do Festival Rolandseck en Alemania dende 2006 a persoa máis xoven da historia en ser nomeado concertino da Filarmónica de Berlín.

Entre os invitados ao acto no Paraninfo da USC estarán representantes e membros da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Real Filharmonía de Galicia, da Orquestra de Cámara de Galicia, da Asociación Amigos da Ópera de Santiago, da Asociación de Música Clásica de Galicia, do Orfeón Terra Nosa e do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outros. Membros do goberno local de Vilagarcía acudirán ao evento ao que amén foron invitados os patrocinadores.

Ademais de dar a coñecer o programa formativo e de concertos do Clasclás, o acto desta tarde inclúe un concerto da violinista Rosanne Philippens que interpretará obras de Biber, Bach, Paganini, Enesu e Ysaÿe cun Stradivarius "Barrere".

Durante o Clasclás, Vilagarcía converterase na capital da música clásica a nivel nacional e todo un referente a nivel internacional debido a cantidade e calidade dos músicos que participan no festival.

O leiv motiv da primeira edición do Clasclás será a música de cámara. A organización pretende achegar este xénero a toda a poboación, por iso á hora de deseñar o repertorio dos concertos buscáronse as obras e autores máis representativos de todos os tempos e as pezas de maior atractivo para o público.Nos doce concertos a celebrar nos 8 días do certame os músicos vidos de diferentes países do mundo interpretarán temas de Mozart, Schumann, Mendelssohn, Brahms, Beethovenn, Puccini, Tchaikovsky, Kodaly, Ravel, Falla ou Prokofiev, entre outros.

No certame intervirán 42 prestixiosos músicos de carreira de diferentes nacionalidades, 10 dos cales actuarán como mentores. Estes son Guy Braunstein, director artístico do certame e violinista, Clara-Jumi Kang (violín), Mayu Kishima (Violín), Diemut Poppen (viola), Franz Bartolomey (cello), Dennis Kozhukhin (piano), Sunwook Kim (piano), Gill Schwarzman (frauta), Chris Grymes (clarinete) e David Fernández (trompa).

O Clasclás tena demais unha vertente formativa, o denominado Young Artist Program (YAP) para o cal foron seleccionados 25 xóvenes músicos procedentes das máis prestixiosas academias e conservatorios do mundo como a Academia Karajan da Filarmónica de Berlín, a Julliard Scholl de Nova Iorque, a Royal Academy de Londres, a Sibelius Academy de Helisinky, o Conservatorio Nacional Superior de París, a Universidade das Artes de Viena, o Conservatorio de Moscú ye a Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, entre outras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -