_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Ibuprofeno Teatro galeguiza a Shakespeare co seu particular “Casa o Rei”

O teatro regresa esta fin de semana ao Auditorio Municipal da man da compañía Ibuprofeno Teatro quen nesta ocasión atrévese nada menos que a galeguizar “O Rei Lear” William Skakespeare para transformalo na súa fantástica “Casa do Rei. A obra represéntase o sábado, a partir das 21.30 horas no Auditorio e a entrada custa 5 euros.
24.05.2018.- Con "Casa O'Rei" Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O Furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de "O Rei Lear" de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Sinopse
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as recetas da súa vida.
Elenco de luxo
Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e do María Casares ao mellor texto orixinal por Raclette, esta nova proposta xunta un bo número de profesionais de prestixio: á presenza no reparto de Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante, súmase a banda sonora de Alonso Caxade ou a escenografía de Pablo Giráldez ‘Pastor’.

A representación inclúese no ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios programado a través da colaboración do Concello e a Agadic.
As entradas pódense adquirir anticipadamente (máis custes de xestión) a través de ticketea.com e do teléfono 902 044 226. Tamén o mesmo día da función a partir das 19:30 horas no Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -