CONCELLO
O Piñeiriño estréase o domingo no Ágora Vermú co concerto de Terbutalina A Concellería de Cultura estrea este domingo un novo escenario para acoller o ciclo de concertos matutinos do Ágora Vermú. Será no barrio do Piñeiriño once se desenvolva o concerto ao aire libre do grupo Terbutalina. A actuación terá lugar na rúa Fernández Gil y Casal, perpendicular á Camiño José Cela, e comezará ás 13.30 horas.
26.05.2018.- Terbutalina é un grupo galego de garaxe punk, ou como eles mesmos se definen de “gastropunk”. Compoñen a formación Migui (voz principal, guitarra), Mon (guitarra,voces), Samu (baixo, voces), Brais (teclado, voces) e Diego (batería). Intérprete de profecías serbias, reveladora de ritmos otománs, incitadora dos bailes últimos da morte, Terbutalina presentará o seu último traballo "Sonido Esteiro" no que se inclúen temas como “Goodbye neuronas” “Andar de xaneira”, “Ninguén che quere” e “Orujo/Brujería”.