_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inicia os trámites para adquirir os terreos que permitirán ampliar a piscina municipal

O Concello de Vilagarcía acaba de recibir a resolución da Deputación Provincial de Pontevedra confirmando a concesión da subvención socilitada ao amparo do Plan de Obras e Sevizos (POS) 2018-19 destinada a financiar a compra dos terreos para ampliar a piscina municipal. A confirmación dos 140.000 euros solicitados permite que o Concello inicie de inmediato o procedemento administrativo para adquirir a parcela de algo máis de 3.700 metros cadrados situada en Fontecarmoa, xusto a carón das actuais instalacións da piscina, e para o cal xa se conta cun preacordo co propietario. O seguinte paso será sacar a contratación a redacción do proxecto da obra co obxecto de que os traballos poidan comezar en 2019.
26.05.2018.- Debido á recente entrada en vigor da nova Lei de Contratación das Administracións Públicas, a adquisición dos terreos non se pode realizar a través do convencional contrato de compra-venda, senón que require dun procedemento e tramitación diferente que hay que executar a través da plataforma dixital. Eses son os traballos que se poñen en marcha agora para materializar a compra da parcela.

En calquera caso, con este paso, o proxecto da ampliación da piscina segue avanzando co obxecto de dar solución á alta demanda desta instalación deportiva, na que concorren os usuarios socios de Serviocio (concesionaria do servizo), os da Fundación de Deportes, os que acoden por libre e os clubs deportivos que foron xurdindo nos últimos anos.
A maiores da compra dos terreos, valorada en 140.000 euros, a materialización desta iniciativa suporá un investimento de 60.000 para a redacción do proxecto técnico e de execución e 1,3 millóns para a execución da obra propiamente dita.

A idea é construír un segundo vaso de 25x12,5 metros nun edificio situado en paralelo ao actual e que irán conectados entre si a través dun corredor climatizado. Para esto, o redactor ao que se adxudique o proxecto técnico terá que ter en conta a reforma integral da fachada acristalada da actual piscina, que presenta problemas de condensación e na que deberá abrirse un oco dende o que parta o corredor que unirá ambos vasos. Ademais, reservarase espazo nos arredores para habilitar novos espazos de aparcamento, cuxo acondicionamento quedará a expensas dun proxecto e obras posteriores.

A actual piscina foi construída entre 1993 e 1994 dentro dun plan de investimentos no que participaron a Xunta de Galicia, a través da entón chamada Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación de Pontevedra e o propio Concello de Vilagarcía, cun investimento en 220 millóns de pesetas. A piscina comezou a funcionar o 28 de febreiro de 1994 contando cun vaso principal de 25x12,5 metros e outro de menores dimensións dedicado ao aprendizaxe de nenos. En 2004, a nova concesionaria realizou unha serie de melloras como a creación da zona de SPA ou o ximnasio. Coa ampliación proxectada polo goberno de Alberto Varela, a instalación disporá dunha segunda piscina de 25x12,5 metros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -