_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Trinta e unha empresas concursan polo contrato da primeira fase da reforma do Parque de Matosinhos

Un total de 31 empresas presentaron ofertas para facerse co contrato da reforma integral do Parque de Matosinhos e as rúas da contorna que o Concello de Vilagarcía sacou a licitación por 321.706 uros. A actuación, que se financiará integramente con fondos municipais, pretende mellorar a imaxe, garantir a accesibilidade e renovar os servizos básicos dunha zona densamente poboada, situada no centro de Vilagarcía, na que se emprazan catro centros educativos e na que non se actuaba dende había décadas.
31.05.2016.- Mailo importante investimento, as obras que se están a licitar non son máis que a primeira fase un plan moito máis ambicioso de mellora urbana dunha zona moi transitada, especialmente por escolares. De aí que se decidira comezar o proxecto polo tramo situado entre a avenida Doutor Tourón e a Escola Infantil Municipal, ó principal acceso ao parque e aos centros educativos. Estímase que unhas 4.000 persoas pasan a diario pasan por esta zona.

O principal obxectivo desta primeira fase é, polo tanto, garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil converterase nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que teñen pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desaparecerán para quedar todo o paseo ao mesmo nivel e cun firme regular, para o cal se utilizará o formigón tratado como principal materia prima.

Tamén se actuará nos pasos que comunican a Avenida Matosinhos con esta zona. Para salvar a importante diferenza de cota actual, construiranse ramplas de pendente axeitada a fin de permitir un cómodo paso de persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebés. Na zona de escaleiras do inicio da Avenida Matosinhos tamén se construirán ramplas e se mellorarán as beirarrúas na área afectada de Doutor Tourón.


O proxecto contempla igualmente unha nova ordenación do tráfico, facilitando que os coches poidan seguir chegando ata as portas da gardería, pero cunha mellor circulación e facendo posible a convivencia cos peóns. Como vén sendo habitual en todo este tipo de obras, o Concello aproveitará tamén para renovar as redes de auga e saneamento, o que na zona de Matosinhos ten especial importancia dada a tendencia a sufrir asolagamentos.

A mesa de Contratación deberá reunirse nos vindeiros días para proceder á apertura das ofertas a efectos de que os servizos comproben se as empresas concursantes reúnen os requisitos legais. Posteriormente, abriranse as propostas técnicas e económicas, que deberán ser avaliadas informadas individualmente, para por último proceder á adxudicación da obra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -