_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
85 persoas aspiran a cubrir os 12 postos de socorrista de praia para a temporada de verán

O Concello de Vilagarcía inicia mañá o proceso selectivo para a contratación dos 12 socorristas acuáticos que prestarán o servizo de vixilancia nas praias do municipio durante a temporada de verán. Un total de 85 persoas aspiran á acceder aos postos cuxo proceso de selección se inicia mañá coa realización das probas teóricas. As probas prácticas terán lugar o venres.
05.06.2018.- Este é o ano no que o Servizo Galego de Colocación convoca a un número tan elevado de aspirantes. Entre eles se atopan a maioría dos alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego organizado este ano polo Concello para formar titulados en socorrismo e salvamento acuático e que rematou en primavera

Os aspirantes deben presentarse mañá ás 9 horas no Auditorio para a realización do exame co que deberán poñer de manifesto os seus coñecementos sobre obre salvamento, primeiros auxilios, actuación en accidentes e mesmo sobre a normativa sobre Bandeira Azul, un aspecto a ter en conta dado que as praias do Campanario (Bamio) e do Preguntoiro (Vilaxoán) dispoñen deste distintivo. Tamén Terán tradución castelán-galego e viceversa.

O exame teórico é eliminatorio, polo que os aspirantes que non o superen, xa no acudirán ás probas físicas e prácticas. Estas desenvolveranse o venres a partir das 10 da mañá na Praia de Compostela (á altura do posto de socorro). O simulacro de salvamento ao que se someterán inclúe a realización dunha carreira pola area, entrar na auga e nadar ata chegar ao bañista que simula afogarse. O xurado valorará os tempos realizados por cada aspirante, a seguridade do rescate e técnica e eficacia da manobra de RCP.

A previsión é que os 12 socorristas finalmente seleccionados comecen a traballar nas praias o 1 de xullo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -