_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Faxilde súmase á lista de lugares nos que o Concello habilita estacionamentos gratuítos

A política de creación de bolsas de estacionamento público na cidade esténdese tamén as parroquias. A primeira zona do rural en dispor dun aparcamento deste tipo é Faxilde, onde dende hai uns días está operativa xa unha superficie de 3.000 metros cadrados situada á carón do cemiterio da Pelada e que tamén dará servizo ao campo de fútbol. O Concello chegou a un acordo cos propietarios dos terreos que ceden de xeito gratuíto o uso dos mesmos a cambio de que o Concello se encargue da súa limpeza.
05.06.2018.- O convenio permite ao Concello facer uso dunha finca de 10.000 metros cadrados. Os operarios municipais xa desbrozaron e limparon unha superficie de 3.000 metros e nestes días completarase a actuación coa execución dos accesos e nivelando do chan mediante o depósito de pedra e materiais de obra triturados. Ao longo do verán irase limpando e acondicionando o resto da finca co obxecto de que as persoas que visitan o camposanto ou as que acoden aos adestramentos ou partidos de fútbol ao campo municipal da Pelada.

Esta actuación súmase á outra que tamén moi recente: a da nova bolsa de estacionamento de Marxión que o goberno local tamén conseguiu sen custe para as arcas municipais grazas ao acordo ao que se chegou coa empresa PROMARSA que cedeu de xeito gratuíto o uso temporal da finca de 1.378 metros cadrados nas inmediacións do colexio Anexo A Lomba e do Centro de Educación Especial. Ademais de dar servizo ás familias que levan ao colexios aos nenos e nenas e ao profesorado, este aparcamento incide na seguridade viaria da zona, posto que se evita a acumulación de coches na calzada ás horas de entrada e saída dos centros escolares, con conseguinte risco para os peóns. A maiores, dada a súa proximidade á zona urbana (a escasos 200 metros) e ao centro da cidade, tamén servirá como aparcamento disuasorio e para aliviar o tráfico.

Con anterioridade, o executivo local habilitara bolsas de estacionamento disuasorio no Piñeiriño, A Escardia, Carril e A Torre.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -