_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Cortegada pon a proba o protocolo de actuación en caso de alerta por incendio forestal

A Xunta de Galicia, o Concello de Vilagarcía e o Parque Nacional das Illas Atlánticas levarán a cabo mañá o esperado simulacro de incendio forestal en Cortegada. A medida, que o goberno local viña demandando insistentemente dende hai tres anos, levarase a cabo finalmente co obxectivo de testar o protocolo de actuación en caso dunha alerta por lume na illa e de detectar posibles carencias coa finalidade de corrixilas e efectos de que nunha situación real todo funcionase da forma máis rápida e efectiva.
06.06.2018.- Responsables do Servizo forestal da Consellería de Medio Rural, do Concello de Vilagarcía e do Parque Nacional pecharon onte os últimos detalles para o simulacro que se desenvolverá mañá a partir das 9.45 horas da mañá. Aínda que existía un protocolo de actuación en caso de incendio para o parque Nacional, non se recollían as especificacións e características propias de Cortegada (como carencia de puntos nos que aterrar un helicóptero, ausencia de tomas de auga e de persoal permanente para a extinción de incendio, ou a existencia dun so punto de desembarco) que condicionan o éxito da actuación.

O obxectivo xeral deste simulacro é o de realizar un adestramento dos medios que poderían participar nun dispositivo de extinción, realizando tódalas operacións de extinción posibles para comprobar o correcto coñecemento por parte das persoas implicadas do procedemento de traballo nesta illa, a correcta coordinación e a comprobación de que os medios mecánicos ou técnicos funcionan correctamente.

Igualmente, o simulacro permitirá modificar ou mellorar os procedementos establecidos co gallo de minimizar os efectos dun eventual incendio forestal.

Entre os obxectivos específicos do dispositivo atópanse comprobar a posibilidade de transporte de persoal con helicóptero en caso de marea alta; comprobar os tempos de desprazamento dos medios no interior da illa; adestrar o sistema de transporte de persoal de terra por medio das embarcacións do Parque Nacional e Protección Civil, así como comprobar tempos de resposta.

Co ensaio de mañá tamén se pretende comprobar e adestrar o sistema de extinción mediante bombas transportables, comprobar os sistemas de comunicación no interior da illa e adestrar a coordinación entre os distintos actores implicados na extinción.

Para o simulacro recorrerase a medios materiais e humanos da Consellería do Medio Rural (Servizo de Prevención de Incendios Forestais), do Parque Nacional Illas Atlánticas, do Concello de Vilagarcía (Emerxencias Protección Civil e Policía Local), da Garda Civil (Seprona) e da Policía Nacional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -