_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello estuda a adopción de medidas que resalten visualmente os bordes da ponte da Praza de Galicia

O Concello de Vilagarcía estudará a adopción de medidas que contribúan a resaltar visualmente os límites da ponte e a canle da obra da Praza de Galicia para evitar posibles despistes. Aínda que o proxecto cumpre a normativa de accesibilidade específica para espazos públicos, ante os feitos dos últimos días e para tranquilidade da cidadanía, destacaranse os límites na zona da ponte, de xeito que a ninguén lle poida pasar desapercibido onde remata a pasarela e empeza a canle.
06.06.2018.- De xeito inminente e provisional, procederase á colocación duns maceteiros no borde da ponte. Mentres, os técnicos determinarán cal é a solución máis idónea e acorde co proxecto, medida que se executará posteriormente e con carácter definitivo. En todo caso, apuntar que por moitas medidas que se adopten, nunca estará garantido que non se produzan caídas por distraccións, nin aí nin en ningún outro lugar.

En todo caso, o goberno local insiste en que tanto a obra como o proxecto cumpren con todas as normativas vixentes para espazos públicos, tanto de seguridade como de accesibilidade, do contrario non podería terse aprobado nin executado. O executivo sostén que a inseguridade que pode ter é a mesma que poder ter a ponte peonil de Vista Alegre, as pontellas do parque da Coca ou o peirao de pasaxeiros. A única diferenza é que a esas estamos acostumados e ninguén as cuestiona. E máis risco para as persoas supoñía o tráfico de vehículos que ata hai uns meses había a Praza de Galicia.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -