_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
As axudas municipais para a creación de empresas inclúen como novidade a subvención da cota de autónomos

O Concello de Vilagarcía segue incrementando as medidas para fomentar o emprendemento e favorecer a creación de emprego no municipio. Neste caso, incorporando ás Axudas Municipais á creación de empresas unha subvención de 500 euros anuais para o pago da cota de autónomos para cada unha das altas rexistradas no negocio de nova creación. Esta subvención sumarase á axuda para cubrir os gastos iniciais de posta en marcha da empresa que pode chegar a un máximo de 2.000 euros. O prazo para acollerse a esta liña de axudas xa está aberto.
07.06.2018.- As axudas deste programa concédense a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a creación do propio posto de traballo como parte dos gastos iniciais das posta en marcha da actividade. No primeiro caso establécese unha axuda fixa de 500 euros pola creación do propio posto de traballo, acreditada mediante a alta no réxime Especial de Autónomos ou equivalente da Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesionais, coa obriga de permanecer de alta alomenos 2 anos. Esta axuda é individual, polo que poderán optar a ela todos os promotores da empresa que cumpran os requisitos mencionados.

No apartado de gastos de posta en marcha do negocio, a axuda é variable, equivalente á metade da suma total e ata un máximo de 2.000 euros. Inclúense aquí os gastos extraordinarios de constitución e posta en marcha da empresa, así como gastos de aluguer, vehículo industrial, aplicacións informáticas, primas e seguros, gastos correntes e ata dereitos de propiedade intelectual.
Poderán acollerse a este programa os negocios que se enmarquen no apartado de PEME, con sede fiscal e social en Vilagarcía e que inicien a súa actividade empresarial entre o 2 de outubro de 2017 e o 1 de outubro de 2018.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva e son compatibles con calquera outra axuda ou subvención concedida por empresas públicas ou privadas sempre que o importe total das mesmas non supere o custo dos gastos.

O ano pasado concedéronse 21 axudas con cargo a este programa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -