CONCELLO
O refuxio de Pinar do Rei xa é núcleo zoolóxico e o Concello eleva en 10.000 euros a súa achega anual O Refuxio de Animais de Pinar do Rei ven de ser declarado Núcleo Zoolóxico grazas ás obras de adaptación das instalación levadas a cabo polo Concello e nas que se investiron preto de 5.000 euros. Ademais, o goberno local vén incrementar en 10.000 euros a súa achega anual á Asociación Protectora de Animais a través do convenio de colaboración para a xestión das instalacións municipais da canceira.
08.06.2018.- O alcalde, Alberto Varela; e os concelleiros Tania García e Lino Mouriño, visitaron hoxe o Refuxio de Animais para comprobar o resultado das melloras realizadas e firmar o convenio coa Protectora. O documento fai que este ano a asociación dispoña de 10.000 euros máis para os gastos de funcionamento da canceira pasando dos 15.000 euros doa no anterior aos 25.000 cos que contarás este exercizo. A presidenta da Protectora, Ángeles Cifuentes explicou que esta suma é moi necesaria para afrontar os gastos de mantemento e os tratamentos que se dan aos animais acollidos no centro e agradeceu a colaboración do goberno local.
En canto ás obras levadas a cabo nos últimos meses polo Concello, estas consistiron en realizar separar o quirófano da zona de almacén e habilitar salas independentes para “maternidade” e corentena. Deste xeito as crías que nazan no refuxio poderán permanecer illadas e protexidos dos cans adultos e os animais con enfermidades contaxiosas para o ser humano, tamén terán un lugar específico para permanecer illados.
Estas melloras permiten que o Refuxio conte cona declaración e homologación das instalación como Núcleo Zoolóxico que, entre outras cuestións permite a adopción internacional de animais, unha medida moi positiva xa que a propia Cifuentes sinalou que teñen contacto con persoas de Inglaterra e Alemaña interesadas en adoptar cans da canceira vilagarciá,