_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A xunta de voceiros analizará o mércores o borrador do novo regulamento da Praza de Abastos

O goberno local de Vilagarcía presentará o mércores á xunta de voceiros o borrador do novo regulamento da Praza de Abastos. O documento, que foi consensuado previamente co colectivo de vendedores do mercado público municipal, someterase ao análise dos grupos que conforman a Corporación que poderán realizar suxestións. A intención do goberno local é someter o documento a súa aprobación plenaria na sesión de este mes de xuño.
15.06.2018.- A normativa para regular as condicións de uso e funcionamento dos mercados públicos municipais (prazas de abastos de Vilagarcía e Vilaxoán) levaba varias décadas sen actualizar, de aí a necesidade d eir adaptándoo ás novas circunstancias tanto das propias salas de abastos (a Praza de Vilagarcía foi obxecto dunha importante remodelación nos últimos anos), como a Lei de Contratos.

Sobre o primeiro punto, por exemplo, a norma establece que a planta superior da Praza de Abastos de Vilagarcía, destinarase exclusivamente a servizos destinados a dinamizar e mellorar as condicións da actividade comercial, tales como servizos administrativos, de restauración, areas de promoción, etc.

No que á adaptación á Lei de Contratos se refire, o regulamento recolle que o procedemento de adxudicación das concesións dos postos de venda axustarase ao procedemento establecido no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e ó Regulamento de Servizos das Corporacións Locais e será, mediante procedemento aberto.

As concesións terán unha duración de 15 anos, pudendo ser prorrogadas, a petición do titular, en prazos de 5 anos, ata un máximo total de 50. No caso de que queden postos vacantes, a Xunta de Goberno pode autorizar concesións provisionais (dous anos prorrogables por outros dous) de carácter revogable mediante arrendamento ou concerto.

Transmisións
Os titulares dunha concesión poderán transferila, nos termos do presente regulamento, previa autorización da Xunta de Goberno Local e pago das taxas procedentes, sempre que o cedente acredite ter explotado o posto de venda, polo menos, durante cinco anos, e que o adquirinte reúna as condicións esixidas neste Regulamento para ser beneficiario da concesión. A transferencia será polos anos que queden de vixencia da concesión.
Cando se realice o traspaso, o Concello terá dereito a percibir o 20 % do prezo no que se fixe a transmisión, cun mínimo equivalente ao 10% do prezo fixado na derradeira transmisión do posto, actualizado co IPC, reservándose sempre e en todo caso o dereito de retracto sobre a devandita transmisión.

Coa finalidade de favorecer a funcionalidade e mellora dos servizos, a XGL, previo informe dos servizos técnicos municipais, poderá autorizar a permuta de postos, co obxecto de reunir e/ou unificar os pertencentes ao mesmo concesionario. A tal efecto, como máximo poderán unificarse/reunirse cinco bancadas ou 3 postos exteriores, sempre que conten co informe favorable do arquitecto que será quen avalíe a viabilidade técnica e conformidade da obra coa imaxe integral do conxunto do edificio.

Horarios
O borrador tamén fixa os horarios de apertura dos mercados municipais, de luns a sábado entre as 06 e as 20 horas, con algunha variación pendendo do día. Os concesionarios terán os seus postos preparados para a venda como máximo ás 9 horas, a partir desa hora as zonas comúns teñen que permanecer limpas e libres durante o horario comercial que será de 9 a 14:30 horas. Os horarios de acceso de provedores e mercadorías ás prazas de abastos será como máximo ata as 10 horas da mañá e de 17:00 a 19:30 horas polas tardes, quedando prohibida a entrada a provedores e mercadorías fóra dos horarios indicados.

Causas de extinción das concesións
Entre as diversas causas de extinción das concesións, o regulamento recolle: o exercicio do dereito de retracto por parte do Concello; o rescate da concesión pola administración municipal por razóns de interese público sobrevidas; a falta de pagamento das taxas municipais de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternas no período dun ano; ter sido sancionado o concesionario, mediante resolución firme, por infracción moi grave en materia sanitaria ou de disciplina do mercado; a perda das condicións esixidas ao titular para a adxudicación da concesión; o incumprimento de obrigacións esenciais do concesionario; ou ter pechado o posto de venda durante un mes ininterrompido ou sesenta días alternos durante o período dun ano (salvo en circunstancias excepcionais debidamente xustificadas).



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -