_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello volve a remitir á Xunta o Plan Xeral unha vez cumplimentada a documentación requirida

A tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía segue o seu curso. A consultora adxudicataria dos traballos entregou a finais de semana no Concello o documento, unha vez cumplimentada a información complementaria requirida pola administración autonómica, polo que o planeamento será remitido na semana entrante á Xunta de Galicia para continúe o procedemento de tramitación nos órganos competentes. Para o goberno local, superar esta nova fase é algo moi positivo xa que permite seguir avanzando cara a aprobación inicial do documento, horizonte ao que se pretendería chegar no prazo dun ano.
18.06.2018.- Como se sabe, despois do revés que supuxo a renuncia ao contrato da anterior redactora do Plan, Eptisa, tras ser absorbida por unha multinacional chinesa, o Concello salvou a situación sacando a concurso a fase máis inmediata dos traballos co obxecto de non demorar máis a consecución do novo ordenamento urbanístico. O contrato adxudicouse á firma Alfonso Botana S.L., composta por técnicos dos que Eptisa prescindirá e que formaban parte do equipo que estaba levando o Plan de Vilagarcía. Este coñecemento permitiu retomar os traballos no punto no que xa se atopaban, en lugar de comezar dende cero. A fase contratada ten como obxecto realizar os traballos ata a aprobación inicial no Plan. Para a última etapa da tramitación haberá que convocar outro concurso.

Esta será a segunda vez que o PXOM de Vilagarcía pase pola Xunta de Galicia. O documento de inicio xa fora remitido na primavera de 2017 á administración autonómica para a súa primeira avaliación e emisión do correspondente ditame de viabilidade medioambiental. Foi nese proceso cando o Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas solicitou que se implementase a información con documentación de tipo xeral e técnico para poder continuar coa tramitación.

Con estes traballos xa realizados e co PXOM en Santiago, o Concello deberá esperar a que a que a Xunta analice o documento en profundidade e a coñecer si haberá que mandar nova documentación ou si se fan recomendacións -trámites habituais nesta fase do proceso de calquera ordenamento urbanístico- antes da emisión do ditame favorable definitivo que permitirá someter o Plan á aprobación inicial por parte do Pleno. Realizado este último paso, o documento entraría na fase final de tramitación coa exposición ao público e presentación de alegacións. En paralelo, a Xunta solicitaría os ditames sectoriais aos distintos departamentos autonómicos e o Concello faría o propio aos organismos estatais. Unha vez resoltas as alegación, incluiríanse no documento as aceptadas, e o PXOM, xa con todos os informes sectoriais incluídos volvería á Xunta para a súa aprobación definitiva

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -