_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
Tres programas de Servizos Sociais reciben financiamento a través do Plan Concellos da Deputación

Tres dos programas que desenvolverá este ano o departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía contarán cunha axuda da Deputación Provincial de Pontevedra para o seu financiamento. O organismo provincial vén de comunicar a concesións das axudas solicitadas dende Ravella para sufragar parte do custe de actividades de envellecemento activo, acompañamento familiar e prevención do ciberacoso. A suma das mesmas acada os 22.000 euros.
As subvencións foron solicitadas ao abeiro do Plan Concellos (POS 2018-2019) con cargo á liña 2 correspondente a financiamento con destino a gastos correntes.

A subvención de maior contía é a que se destina ao programa de acompañamento familiar para familias en risco de exclusión “Contigo, en familia” que recibe 13.000 euros dos 14.410 que custa. Para o proxecto “Actívate” destinado a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores, concedéronse 6.000 euros dun orzamento total de 10.640. O último proxecto subvencionado é o de Prevención do ciberacoso e o bo uso das TIC’s, de nova creación este ano, que ten un custe de 3.974 euros e para o que se recibe unha axuda de 3.000.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2018  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -