_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello abre a solicitude de prazas para participar nas travesías en galeón

A Concellería de Medio Ambiente informa de que os interesados en participar nas travesías gratuítas en galeón que se desenvolverán durante os meses de verán xa poden tramitar a súas solicitudes de praza. Aínda que o calendario está por pechar, as rutas realizaranse os sábados e domingos en horario de mañá e tarde. O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da web municipal o mesmo que as bases do programa que pon en marcha o Concello, a través das concellerías de Medio Ambiente e Turismo, en colaboración coa asociación Rompetimóns, de Carril. O prazo de solicitude remata próximo mércores, 27 de xuño.
20.06.2018.- Concello e Rompetimóns asinarán un convenio mediante o cal, o colectivo realizará 20 travesías no galeón Cortegada durante as fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. A actividade será de balde para o público, polo que o financiamento da mesma corre a cargo da administración local que abona 5.000 euros a Rompetimóns pola realización das travesías. O galeón “Cortegada” é unha embarcación tradicional que construída hai uns anos seguindo os métodos tradicionais como réplica exacta dunha nave que operaba o século pasado en Carril, proxecto promovido por Rompetimóns que financiou o Concello.

A experiencia de navegar a vela nesta embarcación tradicional é algo incomparable e moi íntimo, dado que o barco so ten capacidade para 9 pasaxeiros en cada ruta.

O programa das rutas en galeón son unha alternativa turística e de ocio que permite ao participante participar na experiencia de navegar a vela nunha embarcación tradicional galega, gozar da paisaxe da Ría de Arousa e coñecer a riqueza natural e patrimonial da illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, arquipélago candidato á ser declarado Patrimonio da Humanidade.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través de correo electrónico ao enderezo bmalvar@vilagarcia.es O xoves día 28 de xuño realizarase un sorteo segundo o sistema establecido nas bases do programa, co obxecto de adxudicar as prazas. Os interesados serán avisados por teléfono ou correo electrónico.

En cada solicitude poderán reservarse ata un máximo de cinco prazas (incluído o solicitante) que deberán ir convenientemente identificadas co nome, apelidos e número de DNI. Os menores de 14 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -