_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
O programa “ Conciliatardes” abre a inscrición para o curso 2018/19 con 30 prazas para cativos de 3 a 8 anos

O departamento de Servizos Sociais informa da apertura do prazo de inscrición no programa municipal de conciliación da vida laboral e familiar “Conciliatardes. Tardes coa Infancia” para o curso 2018/19. S familias interesadas neste servizo deben solicitar praza entre o 20 de xuño e o 13 de xullo. O Conciliatardes é un programa socio educativo de atención, fóra do horario escolar, de nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade cuxos proxenitores non poden coidalos polas tardes por motivos laborais ou formativos.
20.06.2018.- Poderán participar no Conciliatardes nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015, empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa, que formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo.

Ademais, poderán acceder ao servizo nenos e nenas que forman parte de unidades familiares que, non cumprindo o requisito de actividade laboral, formen parte do Programa de Educación e Apoio Familiar ou de Proxectos de Inclusión no ámbito dos Servizos Sociais Comunitarios.

O Conciliatardes desenvolverase durante os meses de outubro de 2018 a xuño de 2019 no Centro de Formación Matosinhos. O horario establecido será de 15:30 a 21:00 horas, podendo solicitar xornada parcial ou completa nas situacións nas que queden debidamente xustificadas por ocupación laboral ou formativa nese mesmo horario.

Prioridade para os fillos de vítimas de violencia de xénero
O Concello ofrece un total de 30 prazas. No caso de haber máis solicitudes que prazas, se accederá ao servizo tendo en conta a orde de puntuación acadada na baremación. Resérvanse 10 prazas para aquelas unidades familiares que tras a valoración dos técnicos dos Servizos Sociais sexa aconsellable a súa asistencia ao Programa. Terán acceso directo ao servizo, as unidades familiares, nas que a nai se atope en situación de violencia de xénero.

A cota máxima mensual por xornada completa é de 80 euros e 40 para a media xornada. Non obstante, a cota reducirase en función do nivel da renda da unidade familiar para o cal se terá en conta o IPREM. Así, haberá usuarios que poidan acudir de balde ao servizo e outros que so paguen o 25%, 50% ou 75% en función dos ingresos.
A maiores, establécense descontos do 20% para familias numerosas, monoparentais e para o segundo irmán asistente ao programa.

As bases que rexen o Conciliatardes poden consultarse no taboleiros de anuncios da web municipal. Nelas figuran os requisitos para acceder ao servizo, os criterios de baremación e a documentación a aportar. Os formularios para solicitar a praza tamén se poden imprimir dende o taboleiro da web. As solicitudes deben presentarse no rexistro Xeral do Concello entre 20 xuño e o 13 de xullo e a lista provisional publicarase o 7 de agosto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -