_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A familia dos Bolechas xa está en Vilagarcía para defender o uso da nosa lingua

A Praza da II República foi o lugar elixido pola familia dos Bolechas para acampar en Vilagarcía este mes de xuño co obxecto de defender o uso da lingua galega e ensinar aos máis cativos mediante o xogo a riqueza e as variantes dialectiais que existen en toda Galicia. A mostra ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego’ poderá visitarse ata o 26 de xuño.
15.06 2018.- A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra no marco do Ano da Lingua, abriu oficialmente as súas portas esta mañá coa presenza dos irmáns e irmás Bolechas, Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, que se achegaron ata Vilagarcía para darlle a benvida e saudar aos preto de 70 alumnos e alumnas procedentes do CEIP A Escardia.Tamén estiveron presentes o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, a tenente de alcalde de Vilagarcía, Tania García, o alcalde en funcións de Cambados, Víctor Caamaño, e Tomás Valín representandoá Editorial Bolanda.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, explicou que “o que aquí vimos presentar é un proxecto que estamos levando polas dez comarcas da provincia, porque entendemos que no Ano da Lingua temos que poñer o foco nas crianzas, que é un segmento de idade no que o galego está cada vez máis ausente.” Xosé Leal asegurou que “introducir o galego de xeito lúdico e dinámico a través dun produto tan consolidado como os Bolechas está resultando un éxito e un acerto”. O deputado provincial tamén afirmou que “enfocando o proxecto a través das variedades dialectais tamén nos permite involucrar a toda a familia, non só ás crianzas, mentres que no eido educativo vemos que está funcionando como un contido complementario ao traballo que se realiza nas escolas”.

A tenente de alcalde de Vilagarcía, Tania García agradeceu ao ente provincial que elixira Vilagarcía como parada da exposición para toda a comarca do Salnés e asegurou que “os Bolechas forman parte da historia de Galicia e son o vehículo perfecto para achegar a lingua galega a toda a rapazada.”

Pola súa banda, o alcalde en funcións de Cambados, Víctor Caamaño, afirmou que “este tipo de iniciativas son moi necesarias para inculcar o uso do galego, porque nas idades temperás é cando os idiomas mellor se absorben”.Caamaño indicou que “para un uso normalizado do galego é preciso ter acceso a todas as facetas da vida no noso idioma e para os nenos e as nenas poder usalo a través da diversión é o máis axeitado”.

En representación da Editorial Bolanda, Tomás Valín explicou que a mostra está concibida “para aprender xogando” e “para coñecer todas as maneiras que temos de falar, e para que poidades ver e escoitar como de diferente se fala en Vilagarcía con respecto a outros lugares como Ribadeo ou A Coruña”.

A exposición, que arrancaraen Pontevedra a mediados de maio e que estivo en Lalín ata este mesmo luns, permanecerá en Vilagarcía ata o 26 de xuño.No outono retomará a itineracia pasando por Moaña, A Estrada, A Cañiza, Caldas, Tomiño, Ponteareas e Vigo. Pola mañás a mostra poderá visitarse en grupos organizados a través dos centros educativos –os centros educativos que desexen concertar visitas poden dirixirse ao enderezo electrónico osbolechas@osbolechas.com ou no teléfono 981 569 155-, e polas tardes abre para todo tipo de público. O horario de apertura é de 10 a 13:30 h e de 16 a 20 h, de luns a venres. Os sábados, domingos e festivos o horario é de 11 a 14 h e de 17 a 21 horas.

Estrutura

A riqueza do idioma e a necesidade de mantelo vivo e fomentar o seu uso desde idades temperás ó o obxectivo fundamental de ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego’. A mostra, ademais de todos os aspectos lúdicos e pedagóxicos que contempla, tamén coida especialmente os elementos relativos á inclusión e á accesibilidade, tanto física como sensorial. Neste sentido, inclúe ramplas de acceso ao recinto, así como elementos sonoros e sensoriais, en braille e pictogramas de fácil lectura – estes últimos especialmente indicados para persoas con dificultades na aprendizaxe e mesmo con trastornos do espectro autista-.

O percorrido pola carpa estruturase en diferentes áreas consecutivas. A primeira sitúase xa na entrada coa ‘Porta das palabras’, onde os rapazas e rapaces xa comezan a formar parte do proxecto toda vez que deben decidir por que porta entran ao recinto, xa que cada unha ten un nome e unha singularidade particular. Séguenlle 'A xanela‘ con paneis para xogar coas variedades dialectais do idioma; e o ‘Toque-toque’, unha zona táctil para interactuar a través de xogos e ir aceptando e superando retos. O eixo central é o ‘Faladoiro’, concibido como o gran teatro dos diálogos nun espazo deseñado como unha aula-auditorio con bancadas, escenario e pantallas para visualizar aventuras dos Bolechas e participar de viva voz no concurso que propoñen os audiovisuais. Continua coa sección ‘A mergullarse’, unha piscina de bólas concibida para navegar nun mar de palabras que deben atopar e encestar no caixón correspondente; coa sección ‘As nubes’, unha área inmersiva e multisensorial de luces, cores e son para estimular a aprendizaxe da linguaxe de xeito protagonista; ‘Cantareira’ a modo de gran karaoke para interpretar cancións nas diferentes variedades dialectais; ‘Afouteza’, unha zona touch e de experimentación con xogos táctiles de destreza, debuxo e pintura, tanto interactivos como tradicionais; e por último, “Chan”, o gran mapa da linguas concibido como un xogo xigante da oca no que o taboleiro é un gran mapa de Galicia coas diferentes variedades dialectais, e cos seus correspondentes obstáculos, retos, desafíos e penalizacións.

Ademais a mostra contempla materiais de apoio e complementarios, como son as unidades didácticas deseñadas ad hoc a modo de caderno de actividades, que complementan e serven de repaso de todo o visto e vivido no percorrido expositivo. Inclúe tamén un libro aventura protagonizado polos Bolechas sobre as variedades dialectais do galego.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -