_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Unhas 300 cachadas iluminarán as noites de San Xoán e San Pedro en Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía recibiu este ano unas 300 solicitudes de autorización para realizar as típicas cachadas coas que se celebran as noites de San Xoán e San Pedro. O número é similar ao do ano pasado e as fogueiras distribuiranse por todas as parroquias do municipio, tanto en zonas urbanas como no rural. Tamén se rexistraron 38 solicitudes para facer fogueiras nas praias e 18 para sardiñadas por parte de locais de hostalería.
22.06.2018.- O listado cos permisos concedidos publícase hoxe na web municipal e lémbrase que todas as cachadas autorizadas deben cumprir as medidas de seguridade e limpeza que se recollen no bando específico para estas celebracións.

O maior número de solicitudes presentadas corresponden a particulares para a realización de fogueiras en fincas privadas ou en solares por parte de asociacións e colectivos. Son un total de 235 e repártense por todas as parroquias do municipio. Sepáranse destas as fogueiras a desenvolver nas zonas das praias, que son un total de 38 que se concentran case na súa totalidade nos areais da Concha-Compostela e Carril.

Seguridade e limpeza

O bando informa dos requisitos de obrigado cumprimento por parte dos organizadores das fogueiras, obrigas coas que se pretende garantir a seguridade nas celebracións. A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro de altura, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local lo que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas material contaminantes ou perigosos, como neumáticos, aerosois, etc...

Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala en auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.

A maiores destas normas de seguridade, as fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias.

No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá solicitarse un permiso de ocupación da vía ou espazo público, protexendo o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo e debendo deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.

Vixilancia e control

A lista das fogueiras autorizadas polo Concello publicarase na web municipal. Aquelas cachadas que non fosen autorizadas, ou para as que non se presentase solicitude previa, non poderán levarse a cabo, quedando encargados os servizos municipais de impedir o seu desenvolvemento. Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía inspeccionarán as fogueiras que obteñan permiso a efectos de verificar o cumprimento das normas de seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -