_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello sortea 130 prazas para as persoas que desexen participar na travesía da Ruta Xacobea o 1 de xullo

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que se celebrará o domingo 1 de xullo pola tarde e na que participan embarcacións de ámbalas dúas beiras da ría. Os interesados deben inscribirse mediante solicitude presentada no Rexistro do Concello, na sede electrónica sede.vilagarcia.gal ou a través do mail turismo@vilagarcia.es . O prazo de presentación está aberto dende hoxe, 22 de xuño, ata ás 9 da mañá do venres 29 de xuño. O sorteo terá lugar o mesmo venres, ás 10 da mañá, e darase aviso aos beneficiarios segundo establecen as bases que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal onde tamén está dispoñible o formulario de solicitude.
22.06.2018.- As persoas que resulten agraciadas no sorteo terán que dirixirse ao peirao de Pasaxeiros para embarcar no catamarán contratado polo Concello de Vilagarcía ás 16.30 horas do domingo 1 de xullo.

Os formularios para tramitar a solicitude e recibir o número que lle corresponderá no sorteo pode obterse a través do taboleiro de anuncios da web municipal, nas oficinas municipais de turismo, na sede electrónica e na Concellería de Turismo.

Cada persoa só poderá figurar nunha solicitude e no caso de que o seu nome apareza en máis dunha, quedará anulada a última ou últimas que foran presentadas. O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permitirá obter de maneira aleatoria o número de corte a partir do cal se adxudicarán as prazas.

Os agraciados deberán presentar o seu DNI no momento do embarque. Se algunha das persoas que confirmaron a súa asistencia logo decidira, por calquera circunstancia, non acudir, deberá comunicalo, na maior brevidade, á oficina de Turismo, no teléfono 986501227, ao obxecto de adxudicar a súa praza á seguinte da lista.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -