POLICÍA LOCAL
A Policía Local comeza a patrullar en bicicleta A Policía Local de Vilagarcía estreou hoxe as patrullas en bicicleta. O servizo comeza a funcionar inicialmente con 3 axentes voluntarios que circularán por todo o municipio, aínda que o groso da súa actividade centrarase nas zonas peonís, paseo marítimo e praias. O Concello dispón de cinco bicicletas híbridas para o servizo e os axentes foron debidamente uniformados segundo a normativa en vigor para as patrullas ciclistas.
22.06.2018.- Os ciclo-axentes velarán pola normal convivencia entre ciclistas e peóns nas zonas de uso comúns. Encargaranse de que os ciclistas e outro tipo de ciclos ou patíns a motor, circulen á velocidade e axeitada, similar ao paso dos peóns, respectando as debidas normas de seguridade. Tamén prestarán especial atención a garantir que os propietarios de cans cumpran as normas, tanto ás relativas á recollida de feces como aos lugares polos que poden soltar aos animais e os horarios para facelo. Os axentes levarán a cabo una labor principalmente informativa e educativa, aínda que tamén denunciarán os casos reincidentes ou graves.
O Concello de Vilagarcía adquiriu o ano pasado as 5 bicicletas híbridas para a posta en marcha das patrullas ciclistas co obxectivo de que facilitar a presenza policial en zonas polas que non poden circular os coches, como zonas peonís, praias e paseo marítimo. Coas bicicletas garantízase que os axentes poidan cubrir as distancias e realizar maior número de roldas que facendo as patrullas a pé. Para a posta en marcha deste novo servizo, o Concello adquiriu o ano pasado as 5 bicicletas híbridas dotadas de baterías extraíbles e recargables mediante conexión á rede eléctrica. A idea é dotar a dúas patrullas de dous axentes cada unha, e manter unha bicicleta como reposto. Trátase de vehículos híbridos que permiten alternar a impulsión por pedaleo coa de motor eléctrico e que tiñan que contar cunha serie de prestacións indicadas pola Policía Local en base ás necesidades específicas e segundo os exemplos doutras cidades. Estas prestacións refírense á potencia máxima e mínima dos motores e á velocidade máxima e mínima que poden acadar.
Os vehículos levan sistema de control do nivel de asistencia para selección a potencia do motor a través do manillar, contan con luces dianteiras e traseiras con alimentación por batería e dispoñen de alforxa e van correctamente rotuladas segundo a normativa policial.
As bicicletas cos seus equipamentos adquiríronse por importe de 16.174 euros que se financiaron cunha subvención do Plan Concellos da Deputación correspondente ao ano 2016.