_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Alcalde e Portos acadan un acordo para evitar o pago dun aval para as festas e eventos con arraigo e sen ánimo de lucro

As asociacións e colectivos que organizan as festas e eventos xa consolidados sobre terreos portuarios xa poden respirar tranquilos: o ente público Portos de Galicia xa non lles esixirá un aval, que nalgúns casos superaba os 3.000 euros e era un dos seus principais motivos de preocupación, despois do acordo acadado esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, con Portos, nunha reunión celebrada en Santiago na que participaron o presidente, o director e o asesor xurídico do organismo da Xunta de Galicia.
26.06.2018.- O Concello, a través dunha resolución da Alcaldía ou ben dun acordo da Xunta de Goberno Local, garantirá documentalmente que se fará cargo subsidiariamente do pago das taxas por ocupación do solo portuario; é dicir, no caso de que a comisión organizadora non o faga, será o Concello que terá que facelo. A cambio, Portos non esixirá a presentación do aval bancario. E deste xeito ponse fin á polémica que xurdiu nos últimos días con respecto á aplicación da norma de Portos de Galicia e a súa implicación co Concello de Vilagarcía.

O alcalde, Alberto Varela, celebrou a boa disposición de Portos e especialmente do seu presidente, e ademais veciño de Vilagarcía, José Juan Durán, para chegar a un acordo que rebaixara substancialmente o temor e a preocupación amosada en días pasados polos distintos colectivos do Carril. Con todo, o compromiso de hoxe implica que só será aplicable ás festas e eventos que teñan arraigo, que se sexan de baixo presuposto e que non teñan ánimo de lucro, unha idea na que coincidiron tanto o alcalde como o presidente de Portos.

A reunión comezou arredor das 12 da mañá e concluíu arredor das 13,30 horas. Acto seguido, Alberto transmitiu persoalmente aos representantes das asociacións coas que se reunira a semana pasada o resultado das súas xestións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -