_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
O concello prevé investir case 400.000 euros na mellora urbanística da contorna de Fexdega

O Concello prevé investir preto de 400.000 euros (exactamente 385.683,38 euros) na mellora da urbanización da contorna de Fexdega, é dicir, as rúas Figueira, Nogueira e Limoeiro, que unen a avenida de Rodrigo de Mendoza, dende a ponte do río no vial para As Bocas, ata a avenida de Agustín Romero, practicamente fronte á sede de Protección Civil. O proxecto sería financiado a través do Plan Depo-Remse, vinculado a actuacións de mellora da accesibilidade na contorna de centros de gran atracción de público, condición que, evidentemente, cumpre o recinto feiral de Fexdega que, como se sabe, se usa tamén como pavillón deportivo e recinto para eventos diversos.
30.06.2018.- Basicamente, o proxecto consiste en consolidar un ancho fixo de 5 metros para o vial, deixando o resto para beirarrúas, que nun caso se crearán, noutros se ampliarán e noutros se mellorarán. Igualmente, se renovarán todos os servicios, o que implica actuar sobre as canalizacións de electricidade, auga potable, augas residuais, etcétera. Tamén se mellorará a sinalización horizontal e vertical, o que inclúe pasos de peóns. Para facilitar o acceso á avenida de Agustín Romero prevese a demolición dun pequeno galpón ao final da rúa Limoeiro, facilitando con iso a visibilidade, nunha saída que, aínda que está regulada por semáforo, prodúcese nunha curva e a escasos metros doutro cruce.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -