_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello investirá outros 60.000 euros en dotar de caldeiras de biomasa a outros tres centros culturais

O Concello de Vilagarcía continúa adiante coa súa aposta polas enerxías renovables. Grazas a un convenio co Instituto Galego de Enerxía (Inega), nas vindeiras semanas investirá outros sesenta mil euros na instalación de caldeiras de biomasa nos centros culturais de Trabanca Badiña, Rubiáns e Bamio. Deste xeito, substituirase o actual sistema de calefacción eléctrica por outro alimentado por pellets. Cabe subliñar que nalgúns da vintena de centros socioculturais a factura eléctrica chegou ata os 800 euros, cifra que agora se verá drasticamente reducida.
03.07.2018. Segundo os estudos de necesidades levados a cabo previamente, para garantir os niveis de confort de temperatura en función do tamaño dos centros, adquiriranse caldeiras de 64 kw de potencia para os centros de Rubiáns e Trabanca Badiña e unha de 32 para o de Bamio. A instalación inclúe as caldeiras e os calefactores.

O investimento está incluído nun plan que pretende levar as enerxías renovables a todos os centros. Nos casos anteriores –Galáns, Fontecarmoa e Faxilde-, aínda que se instalaron caldeiras de biomasa, o sistema de propagación era por aire. Agora, nesta nova quenda, a calor distribuirase mediante calefactores.

O plan iniciouse hai xa dous anos na Escola Municipal de Música, á que seguiu a Biblioteca Xeral, na rúa Rey Daviña. En ambos casos, non foi a electricidade, senón o gasóleo, o substituído en favor da biomasa, co conseguinte aforro en dous centros con tanto uso por parte dos vilagarciáns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -