_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello oferta 50 prazas para os obradoiros de cociña, ocio e tempo libre para nenos e nenas de 6 a 9 anos

O Concello pon en marcha unha nova edición do exitoso programa “Eu tamén sei cociñar” que, nesta ocasión, incluirá actividades de ocio e tempo libre. Os obradoiros forman parte do programa de sensibilización en igualdade, presentado á convocatoria de subvención da deputación provincial dentro da liña 2 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018). Están dirixidos a nenos e nenas nados entre 2009 e 2012, ambos incluídos, e as prazas ofertas son 50. O prazo de inscrición comeza o vindeiro luns e permanecerá aberto ata o día 18. No caso de que houbera máis solicitudes que prazas se realizaría un sorteo.
O presente ano a tradicional actividade de cociña complementarse con dúas visitas. Unha aos parques de cultivo de Carril da man da Asociación de Mulleres mariscadoras AmarCarril e outra a Bamio a realizar o Roteiro do barro coa Asociación de Mulleres de Bamio, impulsoras do proxecto de recuperación da tradición oleira desta parroquia.

A través desta actividade, os nenos e nenas aprenderán unha serie de valores e vivirán experiencias diferentes das que se asignaron tradicionalmente á masculinidade e á feminidade, o que lles axudará ao desenvolvemento da súa personalidade como futuros homes e mulleres para que adquiran as mesmas potencialidades e responsabilidades.

Ademais, con este tipo de actividades o Concello quere acadar tamén un maior coñecemento das aportacións das mulleres, e concretamente as da súa contorna, á vida económica, cultural, social…, o que lles complementará na formación da súa identidade dende a perspectiva do xénero e da corresponsabilidade.

Os obradoiros desenvolverase entre o 23 de xullo e o 5 de setembro en distintos centros culturais do Concello, un día por semana en cada un deles. Deste xeito, os luns será no centro cultural de San Roque, os martes no de Cornazo, os mércores en Trabanca Badiña, os xoves no centro cultura O Piñeiriño e os venres no centro cultural Gato Negro de Carril. O centro cultural elixirase no momento de realizar a inscrición e marcarase unha orde de preferencia. O horario será de 09,30h a 13,30h, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar a entrada en media hora ata as 10,00h e a saída pode ser dende as 13,00h.

A inscrición pode realizar nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude. Toda a información, como o formulario, estará exposta tamén na páxina web do Concello.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -