_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello volve a apostar polo CURTAS elevando o convenio de patrocinio ata os 28.627 euros

A 46 edición do Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2018 celebrarase do 19 ao 28 de outubro. O certame, que este ano contará con tres días máis de programación, estará dedicado á fantasía en xeral e en particular ao universo creado por J.R.R. Tolkien, autor de “O Señor dos Aneis”. O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da Concellería de Cultura, segue apostando forte polo Festival de Curtas, evento pioneiro do audiovisual galego e un importante elemento dinamizador da cultura e economía local, polo que este ano elevou a súa colaboración que este ano acada os 28.627 euros, máis de 11.000 euros que os orzamentados na pasada edición.
11.07.2018.- Para a 46 edición do Festival Internacional De Cine e Banda Deseñada cóntase cun cartel de luxo, presentado hoxe mesmo pola organización, e que é obra do recoñecido ilustrador Esteban Maroto, todo un referente da ilustración fantástica no noso país que xa o ano pasado estivo presente no festival xunto a unha exposición do seu traballo. Maroto marcouse o obxectivo de dotar ao cartel deste ano dun acabado artesanal para que nunha ollada poderase apreciar que foi realizado e coloreado completamente a man, sen intervención dixital.

Na ilustración pódense apreciar diversos elementos da triloxía de "O Señor dos Aneis" nunha composición que serve de resumo á epopea de Tolkien, sempre baixo a óptica e o estilo inconfundible e inigualable de Maroto.

OS GRANDES ILUSTRADORES DA FANTASÍA VISITARÁN GALICIA

Esteban Maroto voltará ao Curtas como o autor do cartel desta edición e traerá consigo os orixinais do mesmo, xunto a outras ilustracións que creou para o festival e que acompañarán as exposicións do Festival.

Outro dos convidados de CURTAS 2018 será Ciruelo Cabral, recoñecido mundialmente coma un dos máis importantes ilustradores e referentes da fantasía na arte. A súa obra foi recompilada en volumes como "El gran libro del Dragón", "Luz, el arte de Ciruelo", "Magia, the Ciruelo Sketchbook", "Hadas y Dragones", "Infinito Interior" ou a serie iniciada con "Cuaderno de viajes"; ademais de ilustrar innumerables libros como "Chronicles of the Shadow War" para George Lucas; revistas como Heavy Metal ou Playboy magazine; xogos de rol e cartas para empresas como Wizards of the Coast ou TSR; portadas de discos para artistas coma Steve Vai, nos álbumes "The 7th Song" e "The Elusive Light and Sound", etc… A obra de Ciruelo Cabral poderase admirar nunha das exposicións do festival do 5 de outubro ao 1 de decembro.

John Howe, o artista que ilustrou en innumerables ocasións a obra de Tolkien e que foi un dos responsables dos deseños conceptuais das adaptacións dirixidas por Peter Jackson tamén estará presente en CURTAS 2018 onde introducirá a proxección da triloxía de "O Señor dos Aneis" e protagonizará un evento único en Europa xunto a Ciruelo Cabral baixo o título "Imaxinando Dragóns". Ademáis de realizar cubertas para libros, cartas, xogos, etc, Howe chegou a aparecer no prólogo do primeiro dos filmes, "A Comunidade do Anel", onde encarnou a un dos Reis dos Homes. Para o cinema tamén realizou deseños conceptuais para filmes como "As Crónicas de Narnia: O león, a bruxa e o armario" ou "King Kong", tamén dirixida por Peter Jackson, con quen ten pendente de estrea a súa derradeira colaboración "Mortal Engines".

A organización do CURTAS dará a coñecer moi pronto os nomes dos demais invitados ao festival deste ano. Ademais lémbrase de que o prazo de recepción de obras para o concurso remata o día 1 de agosto. Poderase participar nas seccións de curtametraxes e longametraxes, e este ano, por vez primeira, tamén na de video-creación. Máis información en http://www.curtas.org/festival

A 46 edición do Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2018 conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e da Deputación de Pontevedra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -