XUVENTUDE
O ciclo de cine familiar “Fantasio na rúa” percorrerá todo o municipio con 19 proxeccións de xullo a setembro O ciclo de cine familiar “Fantasio na rúa” organizado pola Concellería de Xuventude percorrerá este ano todo o municipio. Ante o éxito que tiveron as proxeccións ao aire libre realizadas nos Xardíns de Ravella nas anteriores edicións, o departamento que dirixe Sonia Outón decidiu multiplicar a descentralizar a oferta programando este ano 19 proxeccións en 19 lugares diferentes do municipio.
11.07.2018.- Do 14 de xullo ao 30 de setembro os veciños e veciñas de Vilagarcía e as persoas que nos visiten neses días terán a oportunidade de gozar da experiencia do cine na rúa por toda a xeografía local. Dende Bamio a A Torre, pasando por Galáns, Ravella e Os Duráns ata chegar a Trabanca Sardiñeira, Castroagudín ou Vilaxoán, por citar só algún dos lugares que visitará o “Fantasio na Rúa”.
Coa descentralización das sesión de cine na rúa, a Concellería de Xuventude, que en verán intensifica de forma importante a súa oferta lúdica e cultural para o público infantil e familiar, pretende facilitar ao acceso ás súas actividades achegándose a todos os lugares do municipio, fomentar a participación e dinamizar a rede de centros socioculturais xa que as sesión nas parroquias non urbanas celebrarase nas contornas das instalacións culturais ou nos espazos de recreo dos distintos barrios.
Outro dos atractivos deste ano é que todas as películas son de recente estrea e, a maiores, proxéctanse unha diferente en cada lugar. É dicir 19 títulos diferentes, polo que os afeccionados ao cine que o desexen poderán tamén facer o roteiro polos diferentes lugares nos que recalará o Fantasio na rúa. En canto aos horarios, comezarase con sesións ás 22:30 horas, en agosto serán ás 22:00 horas e en setembro ás 21.30 e ás 21. Horas, co obxecto de ir adaptándose ás horas de luz a medida que avanza o verán. O calendario do Fantasio na rúa é o seguinte:
FANTASIO NA RÚA
21 xullo- BAMIO 22:30 horas: Cazafantasmas 22 xullo- GALÁNS 22:30 horas: Bebé Jefazo 24 de xullo- CORNAZO 22:30 horas: Spiderman Home Coming 25 de xullo- OS DURÁNS 22:30 horas: Capitán Calzoncillos 31 de xullo- TRABANCA BADIÑA 22:30 horas: EMoji, a película 04 de agosto- RAVELLA 22:00 horas: Ferdinand 05 de agosto- O SIXTO:22.00 horas: Unha familia feliz 05 de agosto- RAVELLA:22.00 horas: Mi mejor amigo 06 de agosto- O CASTRO 22:00 horas: Canta 07 de agosto- TRABANCA SARDIÑEIRA 22:00 horas: Los Visitantes la Lían. 08 de agosto- XUNQUEIRA 22:00 horas: Atraco en familia. 09 de agosto- AS CAROLINAS (A Coca) 22:00 horas: Hotel Transilvania 10 de agosto- O PIÑEIRIÑO 22:00 horas: Cigüeñas 12 de agosto- CASTROAGUDÍN 22:30 horas: O Principiño 21 de agosto- FAXILDE 22:00 horas: Tadeo Jones 2 22 de agosto- VILAXOÁN 22:00 horas: Cavernícola 24 de agosto- SOBRADELO 22:00 horas: Trolls 02 de setembro RUBIÁNS 21:30: A Abella Malla 08 de setembro- CARRIL 21:30 horas: Señor, Dame Paciencia 30 de setembro- A TORRE 21:30 horas: Locos por el Surf 2